Igrexa católica latina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 40:
A Igrexa Católica Latina, como parte da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]], estrutúrase en [[diocese]]s, as [[igrexa particular|igrexas locais]] gobernadas por un [[bispo]] que, nas [[igrexas católicas orientais]], reciben o nome de ''"[[eparquía]]s"''.
 
Os bispos das dioceses dun país organízanse normalmente como unha [[conferencia episcopal]]. En ditas conferencias episcopais adoitan estar representados tan só os bispos da Igrexa Latina, aínda que en ocasións os bispos latinos e orientais están nunha mesma conferencia, como no caso de [[Etiopía]].
 
===Demografía===
Coa excepción de [[Eritrea]], a Igrexa Latina ten presenza teórica en tódolos países do mundo, contando con máis de mil millóns de fieis. Nalgúns países, como [[Corea do Norte]], non ten presenza estable e estrutura xerárquica no país, mais conta con fieis que son atendidos dende a [[arquidiocese de Seúl]]. Noutros países, como [[Arabia Saudí]], en teoría o catolicismo non pode ser practicado, mais permítese a presenza de traballadores cristiáns que son atendidos de forma encuberta dende a [[Vigairía Apostólica de Arabia do Norte]].