Johannes Brahms: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-[[Bar, local| +[[Bar (establecemento)|)
Liña 39:
=== Comezos ===
[[Ficheiro:Brahms geburtshaus in Hamburg.jpg|thumb|upright|left|Fotografía de [[1891]] do edificio no que naceu Brahms en Hamburgo. A familia de Brahms vivía en parte do primeiro andar, entre as dúas dobres fiestras da parte esquerda. O edificio foi destruído por un bombardeo en [[1943]].]]
Johannes Brahms naceu o [[7 de maio]] de [[1833]] en [[Hamburgo]], daquela pertencente á [[Confederación Xermánica]], fillo do [[contrabaixo|contrabaixista]] Johann Jakob Brahms (quen lle deu as súas primeiras leccións de música) e de Hersika Cristina Nissen. A unha ceda idade Brahms revelouse como [[piano|pianista]] avantaxado, polo que, sendo aínda adolescente, contribuíu aos ingresos familiares cos cartos que gañaba impartindo clases, tocando o piano en [[restaurante]]s, [[Bar, local(establecemento)|bares]], e ata [[bordel]]es.
 
Brahms deu recitais de [[piano]] en público pero non tivo o éxito desexado, aínda que máis tarde tocaría el mesmo nas estreas dos seus dous ''Concertos para piano''. Comezou a compor e durante un tempo tampouco conseguiu que o público mostrase interese polas súas obras. En [[1853]] realizou unha xira de concertos como acompañante do [[violín|violinista]] [[Hungría|húngaro]] [[Eduard Reményi]]. Durante a viaxe tivo ocasión de coñecer a [[Josehp Joachim]] quen lle presentou a [[Robert Schumann]]. Este último, ademais de compositor era editor dunha revista prestixiosa de música, e atraeu a atención dos críticos e empresarios de música sobre o mozo Brahms, o que contribuíu notablemente a que Brahms se convertese nun compositor coñecido e apreciado.