Porto do Son, Noal, Porto do Son: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q9093944
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-[[Bar, local| +[[Bar (establecemento)|)
Liña 3:
Porto do Son ten un pequeno [[peirao]] pesqueiro e un espigón, que xuntos fan unha pequena baía por onde pasa un curto paseo marítimo. Consta esta baía de un pantalán para barcos de recreo. A confraría de pescadores e a [[lonxa]] están no porto, mentres que a praza de abastos se atopa en primeira liña de costa.
 
Destaca en tamaño a praza de España, aínda que non é especialmente grande, na que se atopan algúns [[Bar, local(establecemento)|bares]] e comercios. Nunha rúa á dereita entrando polo o porto, está o Centro de Interpretación do [[Castro de Baroña]], un edificio (onde se atopaba a antiga [[casa do concello]]) que serve de centro de exposición e no que se atopan algúns obxectos antigos, tanto do Castro de Baroña coma doutros lugares do concello. Seguindo esa mesma rúa, sáese preto da casa do concello, e preto de alí están a Atalaia (onde está a capela da Nosa Señora do Carme) e a casa da cultura.
 
Porto do Son conta con varias [[praia]]s, case todas rochosas: o [[Praia do Brañón|Brañon]] e a [[Paria da Sagrada|Sagrada]]; e unha de area: o Cruceiro, aínda que ten nas aforas da vila a [[praia de Subiglesias]] e bastante preto as de Cabeiro e Fonforrón, estas tres últimas de area.