Bar, Ucraína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
m corrixo
Liña 3:
'''Bar''' ('''Бар''' en ucraíno) é unha cidade de [[Ucraína]], localízase na ribeira do [[río Rov]] na rexión histórica de [[Podolia]]. Conta con 16.600 habitantes (2004).
 
A orixe da cidade foi un pequeno posto comercial chamado Row. No [[século XVI]] a raíña [[Bona Sforza]] fundou unha fortaleza nun outeiro sobre o río e denominouno Bar, como homenaxe á súa cidade natal, [[Bari]] en [[Italia]]. En 1540 o rei [[Sexismundo I]] deulle á cidade dereitos de cidade. En [[1648]] os cosacos capturaron a fortaleza, e como consecuencia Bar quedou deshabitada. En [[1672]] pasou a poder do Imperio OtomanoOtomán ata 1674 no que o rei [[Xoán III de Polonia|Xoán III]] reconquistouna despois de catro días de asedio.
 
O 29 de febreiro de 1768 fundouse na fortaleza a [[Confederación de Bar]] formada por nobres polacos que se opuñan ao expansionismo ruso e aos reformistas polacos. Logo da [[Primeira Partición de Polonia]] a cidade pasou a poder de [[Rusia]], e dende [[1991]] a Ucraína.