Diferenzas entre revisións de «Estremadura»

sen resumo de edición
(Redirixida cara a "Estremadura, España")
:''Para a rexión [[Portugal|portuguesa]], véxase: '''[[Estremadura, Portugal]]'''''
#REDIRECCIÓN[[Estremadura, España]]
 
{{Primeira entidade subestatal
| nome_oficial = Estremadura<br />''Extremadura''
| nome_curto = Estremadura
| de = de
| desub = de
| imaxe_bandeira = Flag of Extremadura.svg
| imaxe_escudo = Escudo de Extremadura.svg
| imaxe_escudo_tamaño = 75px
| imaxe_mapa = Localización de Extremadura.svg
| símbolos =
| lema=
| himno =
| bandeiraestado = {{ESPb}}
| estado = España
| capital = [[Mérida, España|Mérida]]
| capital_poboación = 55.568 hab. <small>([[2008]])</small>
| capital_coor =
| cidade_principal = [[Badajoz]]
| linguas = [[lingua castelá|Castelán]], [[lingua estremeña|estremeño]], [[Fala de Estremadura|fala]] e [[lingua portuguesa|portugués]]{{Infobox ref|1}}
| idioma_oficial = Castelán
| goberno = [[Comunidade autónoma|Junta]]
| dirixentes_títulos = [[Presidente]]
| dirixentes_nomes = [[José Antonio Monago]] ([[PP]])
| fundación = [[Estatuto]]
| fundación_fitos =
| fundación_datas = [[26 de febreiro]] de [[1983]]
| superficie = 41.634
| superficie_posto = [[Lista de comunidades autónomas españolas por superficie|5]]
| superficie_auga =
| fronteiras =
| costas = 0
| poboación = 1.097.744 hab. <small>([[2008]])</small>
| poboación_posto = [[Lista de comunidades autónomas españolas por poboación|12]]
| poboación_densidade = 26,37
| xentilicio = estremeño/a
| horario = [[UTC]]+1
| horario_verán = [[UTC]]+2
| cctld = .es
| código_telefónico = 924 ([[Provincia de Badajoz|Badajoz]])<br />+927 ([[Provincia de Cáceres|Cáceres]])
| prefixo_radiofónico =
| matrícula automóbiles =
| código_ISO = EX
| notas= <center>[http://www.juntaex.es/ Sitio web oficial]</center>
| nota1= O [[lingua estremeña|estremeño]], a [[Fala de Estremadura|fala]] e o [[lingua portuguesa|portugués]] fálanse en pequenos territorios e de forma minoritaria.
}}
 
'''Estremadura''' (en [[lingua estremeña|estremeño]]: ''Estremaura'', en [[lingua castelá|castelán]]: ''Extremadura'') é unha [[Comunidade Autónoma]] instituída na rexión natural localizada no [[oeste]] de [[España]]. Limita ao norte con [[Castela e León]], ao leste con [[Castela-A Mancha]], ao sur con [[Andalucía]] e ao oeste coas rexións [[Portugal|portuguesas]] do [[Alentejo]] e as [[Beiras]].
 
Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de [[Mérida, España|Mérida]], e está composta polas provincias de [[Provincia de Cáceres|Cáceres]] ao norte e [[Provincia de Badajoz|Badajoz]] ao sur.
 
== Xeografía ==
Estremadura ten unha superficie de 41.634 km².
 
Segundo o censo do ano [[2006]] do [[INE]], a comunidade tiña 1.086.373 habitantes, é dicir, un 2,74% da poboación do estado e unha densidade de 25,81 habitantes/km².
O xentilicio é '''estremeño''' e abrangue dúas provincias:
* [[Provincia de Cáceres]]
* [[Provincia de Badajoz]]
 
A súa capital é [[Mérida, España|Mérida]], 52.200 habitantes, e as capitais das provincias son [[Badajoz]], 139.135 habitantes, e [[Cáceres]], 88.245 habitantes. Xunto a estas tres cidades, destacan [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]], 38.815 habitantes, na [[provincia de Cáceres]] e os municipios de [[Don Benito]], 32.783 habitantes, e [[Villanueva de la Serena]], 24.491 habitantes, estas dúas na [[provincia de Badajoz]], constitúen os maiores núcleos urbanos da rexión.
[[Ficheiro:La-vera.JPG|250px|miniatura|esquerda|[[Serra de Gredos]] na súa parte estremeña.]]
Dúas grandes [[Conca fluvial|concas hidrográficas]] (a do [[río Texo|Texo]], ao norte, e a do [[río Guadiana]], ao sul), discorren de leste a oeste polo territorio estremeño. A existencia dunha completa rede de pantanos e encoros, cunha capacidade de 19.639 hm³, soporta boa parte das potencialidades enerxéticas e agrícolas da Estremadura de hoxe.
 
Estremadura é unha terra de contrastes que aportan á rexión unha grande variedade de matices. O clima mediterráneo con algunha influencia atlántica, con veráns moi calorosos e invernos non excesivamente fríos, determina unha rica variedade de espazos naturais nos que a auga é a principal protagonista, e onde predomina a ''dehesa'', ecosistema natural que combina dende tempos inmemoriais a explotación dos recursos naturais e o respecto ó medio ambiente.
Entre os seus espazos naturais máis significativos cabe destacar os Parque Naturais de [[Monfragüe]], na [[provincia de Cáceres]], e de [[Cornalvo]], na [[provincia de Badajoz]], onde viven as máis puras manifestacións da vida animal e vexetal do bosque mediterráneo.
 
As súas principais cadeas montañosas son ao sul da [[provincia de Badajoz]], e limitando coas provincias de [[provincia de Huelva|Huelva]], [[provincia de Sevilla|Sevilla]] e [[provincia de Córdoba|Córdoba]], a Serra Morena. Ao leste, limitando con Toledo e Ciudad Real, os Montes de Toledo que culminan na serra de Guadalupe (1.603 m). E ao norte o [[Sistema Central]] coas súas Serras de Francia, con límite coa [[provincia de Salamanca]] e tamén máis preto de [[Portugal]], a Serra de Gata, onde se constata a presenza da ''fala'' do [[Val de Xálima]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Monasterio de Guadalupe.jpg|miniatura|Mosteiro de Guadalupe]]
{{AP|Historia de Estremadura}}
Algúns dos pobos prerromanos que habitaron Estremadura son os vetóns, nas provincias actuais de [[Provincia de Cáceres|Cáceres]] e [[Provincia de Salamanca|Salamanca]], ademais de [[Provincia de Ávila|Ávila]] e [[Provincia de Toledo|Toledo]]. Os lusos habitaban case toda a actual Estremadura e o centro de [[Portugal]]. Cerca do [[Guadalquivir]] vivían os [[celtas]], principalmente urbanos e que non ofreceron resistencia ás tropas romanos cando chegaron.
 
A provincia romana de [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], incluía os territorios do sur da actual Portugal e do centro-oeste da actual España, e polo tanto, os territorios da actual Estremadura. A capital era [[Mérida, España|Mérida]] (capital actual da comunidade autónoma), bautizada co nome de Emerita Augusta, unha das cidades máis importantes do [[Imperio Romano]].
 
O [[século III]] comezaron as invasións de bandas xermánicas de bárbaros que saquearon a provincia, polo que, fortificáronse as cidades, e as murallas de entón aínda sobreviven en [[Mérida, España|Mérida]], [[Coria]] e [[Cáceres]]. O [[século V]], con todo, a maioría das cidades foron abandonadas tras a invasión dos [[alanos]] e os [[suevos]]. Pouco despois comezaría a época [[Visigodos|visigoda]].
 
Coa conquista musulmá da [[península Ibérica]], o territorio de Estremadura quedou integrado no [[Al-Andalus]]. O [[1009]] creouse a Taifa de Badaxoz, unha das taifas máis extensas e poderosas da península, cunha extensión moi superior na área actual da rexión estremeña. Aínda sobreviven moitos restos arqueolóxicos desta época como a Alcazaba de Mérida, o Aljibe de Cáceres, o castelo de Trujillo e a fortaleza de Alange. A [[Reconquista]] cristiá de Estremadura foi levada a cabo principalmente polo [[Reino de León]], na súa segunda etapa como reino independente (1072 ata 1230).
 
Co fin da Reconquista e o [[descubrimento de América]], produciuse unha inmigración masiva de estremeños en [[América]]. Destacan, por exemplo, [[Hernán Cortés]], conquistador do territorio actual de [[México]], [[Francisco Pizarro]], conquistador dos territorios do [[Perú]], e [[Pedro de Valdivia]], conquistador de [[Chile]]. O culto á virxe de Guadalupe, moi importante en México, orixinouse en Estremadura.
[[Ficheiro:Plaza Badajoz.jpg|miniatura|Praza de Badajoz]]
 
Durante a guerra de Independencia española, formouse a [[Junta de Extremadura]], para organizar desde a descentralización a defensa do territorio. Con todo, en restaurarse o réxime liberal, Estremadura foi dividía en dous: a Alta Estremadura e a Baixa Estremadura, que en [[1822]] foron coñecidas como as provincias de Cáceres e Badaxoz.
 
O [[13 de xullo]] de [[1931]] celebrouse en [[Badaxoz]] unha reunión da Asociación de Prensa, invitando ás entidades económicas e culturais pedíndolles cooperación para redactar as bases dun proxecto de estatuto rexional. O [[27 de xullo]] do mesmo ano convocouse outra Asemblea para discutir a proposta, que non prosperou. En [[1936]] en [[Cáceres]], expúxose o tema do Estatuto de Autonomía para a rexión estremeña. O 15 de xullo xa se redactou o documento e trasladouse ao [[Congreso dos Deputados de España]] para que fose admitido a discusión, como xa foran aprobados os Estatutos de Cataluña e Euskadi, mentres que o de Galicia aínda estaba en discusión. O 18 de xullo, con todo, o golpe de estado dos militares acabou coa tramitación do Estatuto.
 
Xa que as provincias de Estremadura atopábanse nunha situación económica moi inferior ao resto das rexións de España, en [[1952]] iniciouse o Plan Badaxoz destinado a mellorar a [[agricultura]] coa electrificación, sistemas de rega, a transformación e a comercialización dos produtos agrarios.
 
Tras a transición democrática, en [[1983]] as provincias de Badaxoz e Cáceres redactaron un [[Estatuto de Autonomía de Estremadura|Estatuto de Autonomía para Estremadura]], aprobado polas Cortes o mesmo ano.
 
== Organización territorial ==
=== Comarcas ===
Toda a comunidade autónoma de Estremadura está divida en [[Comarcas de Estremadura|comarcas]]. En total establecéronse 26 comarcas en toda a Comunidade Autónoma, das cales 11 atópanse na [[Provincia de Badaxoz]] e as 15 restantes, en [[Provincia de Cáceres|Cáceres]]. Son as seguintes:
 
;Provincia de Badaxoz
[[Ficheiro:Comarcas de la provincia de Badajoz1.png|miniatura|250px|Comarcas da [[provincia de Badaxoz]].]]
* [[Campiña Sur, Badaxoz|Campiña Sur]]
* [[La Serena, Badaxoz|La Serena]]
* [[La Siberia]]
* [[Llanos de Olivenza]]
* [[Sierra Suroeste]]
* [[Tentudía]]
* [[Tierra de Badajoz]]
* [[Tierra de Barros]]
* [[Tierra de Mérida - Vegas Bajas]]
* [[Vegas Altas]]
* [[Zafra - Río Bodión]]
 
;Provincia de Cáceres
[[Ficheiro:Comarcas Cáceres.png|miniatura|250px|Comarcas da [[provincia de Cáceres]].]]
* [[Vegas del Alagón]]
* [[Comarca de Tajo-Salor]]
* [[Valle del Ambroz]]
* [[Campo Arañuelo]]
* [[Sierra de Gata (comarca)|Sierra de Gata]]
* [[Tierras de Granadilla]]
* [[Las Hurdes]]
* [[Los Ibores]]
* [[Comarca de Monfragüe]]
* [[Valle del Jerte]]
* [[Tierra de Trujillo]]
* [[Tierra de Miajadas]]
* [[Tierra de Montánchez]]
* [[Comarca de Valencia de Alcántara|Sierra de San Pedro]]
* [[La Vera]]
* [[Las Villuercas]]
* [[Jara]]
 
[[Ficheiro:Extremadura municipalities.png|miniatura|250px|Mapa municipal de Estremadura.]]
As importantes cidades de [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]] e [[Cáceres]] non pertencen a ningunha comarca administrativa. Ademais desta división comarcal, todos os municipios, fóra de [[Badaxoz]], [[Cáceres]], [[Mérida, España |Mérida]], [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]] e [[Navalmoral de la Mata]], pertencen a algunha das 32 [[mancomunidade]]s nas que se dividiu a rexión, 16 en cada unha das dúas provincias.
 
Algunhas comarcas desapareceron debido á nova estructuración da Comunidade Autónoma, estas son: [[Tierra de Alcántara]] (dividida entre as [[Vegas del Alagón]] e a [[Comarca de Tajo-Salor]]), [[Señorío de Galisteo]] (integrada nas [[Vegas del Alagón]]), [[Tierra de Belalcázar]], [[Tierra de Capilla]], [[Tierra de Cáceres]], [[Condado de Siruela]] e [[Campana de Albalat]].
 
=== Municipios ===
Estremadura organízase territorialmente en 384 municipios, dos cales, 220 atópanse en [[Provincia de Cáceres|Cáceres]] e os 164 restantes, en [[Provincia de Badaxoz|Badaxoz]]. Posúe o 4,73% dos municipios totais que integran o [[España|territorio español]] (8.110). As dúas provincias posúen un gran número de municipios. A [[Provincia de Cáceres]] é unha das provincias españolas con maior número de concellos e sitúase claramente por encima da media española, cifrada en 165 municipios por provincia. ([[provincia de Burgos|Burgos]] conta co maior número de termos municipais con 371 concellos, e [[provincia das Palmas|As Palmas]] é a provincia que ten menos con 34). Badaxoz non alcanza, por pouco, a media española por un [[municipio]].
 
O [[Estatuto de Autonomía de Estremadura]] dispón que a [[Comunidade Autónoma]] ten competencia para fixar as demarcacións dos órganos xurisdiccionais en Estremadura e a súa localización de acordo co que estableza a Lei Orgánica do Poder Xudicial de [[España]], lexislación que atribúe ás Comunidades Autónomas a determinación da capitalidade dos partidos xudiciais. Existen vinte e un [[Partidos xudiciais de Estremadura|partidos xudiciais en Estremadura]].
 
== Demografía ==
A poboación de Estremadura é de 1.102.410 habitantes (01/01/2009), fonte [[Instituto Nacional de Estatística de España|INE]], xa que logo, representa o 2,36% da poboación española (46.745.807). Posúe unha densidade demográfica de 25 hab/km², moi inferior á media de España.
 
=== Localidades máis poboadas ===
{{Cidades de Estremadura}}
 
== Economía ==
[[Ficheiro:Sede Caja de Extremadura.JPG|250px|miniatura|esquerda|Sede da [[Caja de Extremadura]] en [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]].]]O maior peso na economía de Estremadura corresponde ao sector servizos (57%). A construción e as pequenas e medianas empresas son a base dunha economía que está desenvolvendo un comercio incipiente coas terras veciñas de Portugal e que mantén un alto grao de [[Sector terciario|terciarización]] debido ao auxe que o turismo ambiental e cultural está producindo nos ámbitos rurais, tradicionalmente agrícolas, do seu territorio.
 
Estremadura goza aínda nos nosos días dun crecemento económico superior ao da media española, sen dúbida partindo dun atraso económico histórico pero descubrindo e desenvolvendo novas posibilidades de mercado no sector [[Turismo|turístico]], do comercio e agroalimentario, principalmente. O proxecto de instalar unha refinería de petróleo no sur da rexión orixinou unha polémica de nivel rexional.
 
A rexión ten máis de 400.000 afiliados á [[Seguridade Social]], segundo os datos de 2007.<ref>[http://www.hoy.es/20080114/local/superados-afiliados-seguridad-social-200801141351.html Cifra de afiliados á Seguridade Social en 2007].</ref>
 
En Estremadura existen ao redor de 8.000 industrias, a maioría son pequenas e medianas empresas. Os principais subsectores son a enerxía, agroindustria, cortiza, pedra ornamental, maquinaria e téxtil.
 
En materia enerxética, o desenvolvemento de encoros e saltos de auga deu paso a unha estable explotación dos recursos hidroeléctricos e a unha produción de enerxía maior que as necesidades de consumo da propia rexión.
 
== Transporte ==
As estradas de Estremadura teñen diferentes titularidades. Existen, polo menos, catro grandes administracións titulares de estradas na Comunidade Autónoma de Estremadura: o [[Ministerio de Fomento de España|Ministerio de Fomento]], a [[Junta de Extremadura]], a [[Deputación de Badaxoz]] e a [[Deputación de Cáceres]]. As principais autovías do Estado que vertebran a comunidade son a [[A-5]], que une [[Madrid]] e [[Portugal]] pasando por [[Mérida, España|Mérida]] e [[Badaxoz]]; e a [[A-66]], que une [[Xixón]] con [[Sevilla]].
 
No transporte público da rexión, destacan os autobuses sobre calquera outro medio de transporte público. Na rexión operan varias empresas para o transporte de viaxeiros dunhas localidades a outras, talles como LEDA ou CEVESA. Nas principais cidades, como [[Badaxoz]], [[Cáceres]], [[Mérida, España|Mérida]] e [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]], existen liñas urbanas de autobús.
 
A rede ferroviario da rexión fai de ponte entre o centro de [[España]] e [[Portugal]], e está bastante deteriorada. Nun futuro prevese que pase pola rexión o [[AVE]], con estacións en [[Navalmoral de la Mata]], Plasencia, Cáceres, Mérida e Badaxoz.
 
A 14 quilómetros da cidade de [[Badaxoz]] atópase o [[Aeroporto de Badaxoz]], con voos directos ás principais cidades españolas e europeas. Está en proxecto ademais o [[Aeroporto Internacional de Estremadura]].
 
== Cultura ==
=== Patrimonio da Humanidade ===
[[Ficheiro:Royal_Monastery_of_Santa_Maria_de_Guadalupe.jpg|miniatura|225px|[[Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe|Mosteiro de Guadalupe]], [[claustro]] [[mudéxar]].]]
Estremadura posúe tres lugares que foron declarados [[Patrimonio da Humanidade]] pola [[Unesco]]:
 
* Cidade Vella de [[Cáceres]], desde [[1986]]
* [[Conxunto arqueolóxico de Mérida]], desde decembro de [[1993]]
* [[Real Mosteiro da nosa Señora de Guadalupe]], desde [[1993]]
 
Do mesmo xeito preparan a súa candidatura:
 
* Cidade amurallada de [[Plasencia, Cáceres|Plasencia]]
* Cidade de [[Trujillo, Cáceres|Trujillo]]
* [[Ponte de Alcántara]]
* As edificacións [[Baluarte|abaluartadas]] da Raia entre Estremadura e [[Portugal]]
* A [[Vía da Prata]]
* A ruta do emperador, [[Carlos I de España]]
 
=== [[Fala de Estremadura|A fala]] ===
 
[[Fala de Estremadura|A fala]] é un dialecto galaico-portugués con claras influencias do astur-leonés que se emprega en tres vales do noroeste cacereño (España) limítrofe con Portugal e Salamanca. Calcúlanse uns 6.000 falantes. É unha variedade lingüística romance, [[Lindley Cintra]], [[Xosé Henrique Costas]] estableceron que tiña unha orixe galega popularizando este último a expresión galego de Estremadura, segundo Martín Galindo derivaría do portugués arcaico, portugués das Beiras <ref>"Portugués del antiguo dialecto alto-beirão de Riba-Coa", segundo J. L. Martín Galindo, "Os falaris do Val de Xálima: o manhegu, o valverdeiru i o lagarteiru", Universo Extremeño, 1, 2006, p. 42</ref>. Fálase en [[Valverde do Fresno]], [[As Ellas]] e [[San Martín de Trebello - Sa Martín de Trevellu|San Martín de Trebello]] dando lugar ó Valverdeiro, Lagarteiro e Mañego respectivamente.
 
A comarca foi repoboada por galegos nos séculos XII e XIII. A súa fala deriva da lingua galega que falaban estes colonizadores. Recentemente foi recoñecido como BIC (Ben de Interese Cultural) pola Xunta de Estremadura co fin de protexela e conservala.
 
=== Gastronomía ===
[[Ficheiro:Morcón-Feria Madrid.jpg|miniatura|O [[Morcón]] [[porco ibérico|ibérico]], una das mostras das posibilidades do porco na cociña estremeña.]]
A gastronomía de Estremadura é o conxunto de pratos e tradicións culinarias da rexión. A apertura da [[Vía da Prata]] fixo que a cociña estremeña divulgouse por outras rexións influíndo tamén na española, mentres que ao mesmo tempo a cociña estremeña viuse influenciado por outras cociñas. A existencia de numerosos [[mosteiro]]s, como o de [[Mosteiro de Yuste|Yuste]] ou o de [[Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe|Guadalupe]], deu lugar a un esplendor culinario de receitas que proviñeron das súas cociñas.<ref>[[Dionisio Pérez Gutiérrez|Dionisio Pérez]] (1929), ''Guía del buen comer español'', ed. Maxtor, pp. 40–57.</ref> Estremadura non dá ao mar, e os pratos que ofrece son fundamentalmente cárnicos e compostos de [[hortaliza]]s diversas.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commons|Extremadura}}
* [http://www.juntaex.es/ Junta de Extremadura] {{es}}
 
{{CCAA_España}}
 
[[Categoría:Estremadura]]
47.568

edicións