Diferenzas entre revisións de «Aquiles»

m
→‎Culto: Campos Elisios (mitoloxía)
m (→‎Culto: Campos Elisios (mitoloxía))
Aquiles é venerado no [[Quersoneso de Tracia]], na rexión de [[Olbia]] e en [[Tendra]], así como en [[Leucé]], illa identificada coa [[Illa Branca]]. Aí, os contos dos mariñeiros evocan aparicións do heroe. Esta asociación de Aquiles non debe estrañarnos: Aquiles é fillo dunha [[Nereida]].
 
Ten templos dedicados (''heróons'') e con culto, especialmente en [[Esparta]] e na [[Élide]]. Certos poemas imaxínano seguindo unha radiante vida póstuma, ben na Illa Branca, no esteiro do [[Danubio]], ben nos [[Campos Elisios (mitoloxía)|Campos Elisios]], rodeado de divindades coas que comparte a existencia e os praceres dentro dunha eterna ledicia, entrecortada con festíns e numerosos combates.
 
Algunhas inscricións a el dedicadas testemuñan un culto na rexión do [[mar Negro]] desde o [[século –V]] ata o [[Imperio Romano|período romano]], onde é coñecido co nome de «Pontarca» (en grego, rei do [[Ponto Euxino|Ponto]]). Un fragmento de [[Alceo de Mitilene|Alceo]] (354 LP), recollendo a fraseoloxía destas inscricións, evoca a Aquiles reinando sobre [[Escitas|Escitia]] (Ἀχιλλεύς ὀ τὰς Σκυθίκας / ''Akhilleús ho tàs Skuthíkas'').
104.888

edicións