Diferenzas entre revisións de «Lucía dos Santos»

+ imaxes
m (engado a Categoría:Finados en 2005 mediante HotCat)
(+ imaxes)
[[Ficheiro:Fatima children with rosaries.jpg|Jacinta Marto, Lucia dos Santos e Francisco Marto.|dereita|miniatura|200px]]
 
'''Lucía dos Santos''', coñecida como '''Sor Lucía''', nada en [[Aljustrel]] o [[28 de marzo]] de [[1907]] e falecida en [[Coimbra]] o [[13 de febreiro]] de [[2005]], foi unha relixiosa [[Igrexa Católica Romana|católica]].
 
 
Sor Lucía, de nome relixioso Irmã Lúcia do Coração Imaculado, naceu en [[Aljustrel]], unhanunha pequena poboación preto de [[Fátima]]. Foi unha das tres videntes (xunto cos seus curmáns [[Francisco Marto|Francisco]] e [[Jacinta Marto]]) dos sucesos de Fátima do 13 de maio de 1917. Dixeron ver á [[Virxe María]] na chamada [[Cova da Iria]], onde hoxe se ergue o importante santuario mariano. Morreu en [[Coimbra]] e recibiu sepultura no camposanto do Convento Carmelita de Santa Teresa de Coimbra, onde pasara enclaustrada os seus últimos 46 anos, se ben o 19 de febreiro de 2006, seguindo a súa vontade, os seus restos foron trasladados á igrexa do complexo mariano de Fátima, para descansar alí xunto ós dos seus curmáns.
 
== Traxectoria ==
=== A infancia e o milagre ===
[[Ficheiro:Newspaper fatima.jpg|miniatura|dereitaesquerda|250px|Xornal informando dos Milagres de Fátima.]]
Nacida no seo dunha familia moi humilde, desde moi pequena tivo encargada a función do pastoreo de ovellas, o que adoitaba facer acompaña da por outros nenos e, habitualmente, polos seus curmáns Francisco e Jacinta.
 
 
=== Ingreso no convento ===
[[Ficheiro:Pontevedra, Santuario de las apariciones.JPG|dereita|miniatura|200px|Convento das Irmás Doroteas en [[Pontevedra]], onde residiu Sor Lucía.]]
 
En 1921, con 14 anos, ingresou no colexio das Irmás Doroteas en [[Vilar]], preto de [[Porto, Portugal|Porto]]. En 1925 e [[1926]] residía na residencia das Doroteas de [[Pontevedra]], onde tiveron lugar as [[aparicións de Pontevedra]], na [[Capela da Aparición de Pontevedra|Capela da Aparición]] situada na rúa de nome ''Sor Lucía''. En [[1928]] ingresou no convento das Doroteas de [[Tui]]. En 1946 volveu a Portugal e en 1948 decidiu ingresar no Convento Carmelita de Santa Teresa de Coimbra en réxime de clausura. Adoptou os votos temporais o 3 de outubro de 1928, en 1934 os perpetuos, e o 31 de maio de 1949 os solemnes.