Branquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 54 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q132390
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 16:
Anatomicamente as branquias preséntanse en dúas formas. A máis común é a de apéndices ramificados de gran superficie relativa. Así é como se presentan, por exemplo, en [[molusco]]s, [[anélido]]s e [[larva]]s acuáticas de [[salamandra]]s e [[tritón (anfibio)|tritóns]], ou nas larvas acuáticas de [[insecto]]s. A outra forma é a que se observa no conxunto heteroxéneo de [[vertebrado]]s acuáticos que se denomina [[peixes]]. Nestes as branquias son estruturas especializadas organizadas entre as fendeduras farínxeas, ou [[arco branquial|fendeduras branquiais]], orificios que comunican lateralmente o tubo dixestivo co exterior. A auga que entra pola boca sae polas fendeduras, oxixenando o sangue que circula por vasos que percorren os tabiques situados entre elas (que son as branquias).
 
Nas dúas modalidades anatómicas as branquias poden quedar máis ou menos protexidas dentro dunha cavidade aberta pola que se fai circular a auga. É o caso, por exemplo, dos [[moluscos]] ([[cefalópodos]], [[gasterópodos]], [[bivalvos]], etc.) onde a [[cavidade paleal]] que contén as branquias intercambia augua co ambiente só a través de condutos chamados sifóns. Tamén é o caso dos [[peixes óseos]], onde as branquias quedan protexidas externamente por unha extensión da parede corporal chamada [[Opérculo (peixes)|opérculo]]. Nos [[elasmobranquios]] (raias e [[tiburón]]s), pola contra, as fendeduras branquiais son visíbeis externamente.
 
== As branquias nos peixes ==