Cuncha: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
cuncha e valvas |
|||
Liña 39:
Na maior parte das especies, as cunchas son '''dextróxiras''', coa espiral enrolada á dereita, de forma que a boca da cuncha, disposta esta verticalmente co ápice cara abaixo, case sempre queda á dereita da cuncha.
Unha estrutura especial en numerosos gasterópodos mariños e nalgúns terrestres é o [[Opérculo (gasterópodos)|opérculo]], unha placa que pecha a abertura cando o animal se recolle no interior da cuncha, evitando así a desecación –nos gasterópodos terrestres- e o acceso ós predadores. Pode ser de natureza orgánica (córnea) ou mineral (calcárea) e mostra aneis de crecemento concéntricos ou en espiral.
O '''opérculo''' é propio e característico de cada especie, polo que nos serve á hora da identificación. Algúns deles son tan fermosos que se utilizaron como elementos decorativos para confeccionar aneis, pendentes e botonerías. Crese tamén que protexen contra a dor de cabeza.
|