Giorgio de Chirico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 7:
De volta a Italia, en 1910, comeza a pintar unha serie de cadros nos que a miúdo no seu título figura a palabra enigma, como Enigma dunha tarde de outono (1910), “O enigma do oráculo” (1910), “O enigma da hora” (1912). Até 1917, Chirico non cesará de plasmar cadros de aparente simplicidade, pero con forte carga premonitoria, xogando con cromatismos sen matices e con perspectivas con frecuencia aberrantes: horizontes baixos e distantes, elementos arquitectónicos monumentais flanqueados no primeiro plano de obxectos chocantes (luvas, manequíns de xastre, pegadas de peixes ou conchas, ...), desertización humana dos espazos a pesar de colocar cabezas esculpidas, bustos ou estatuas completas: En palabras de [[René Passeron]] “De Chirico crea un universo no que os obxectos se poñen a facer de signos”.
 
Por mediación do seu irmán, pintor tamén, Giorgio instalouse en París. De Chirico expuxo as súas primeiras obras no Salon d'automne (Salón de outono) de 1912 e 1913. [[Guillaume Apollinaire]] repara en el e escribe, para a súa revista "Les Soirées de Paris" (Seráns de París), un informe eloxioso, no cal cualifica a pintura de De Chirico como "metafísica". Retomando a expresión, De Chirico e [[Carlo Carrà]] fundan o movemento "Pintura metafísica" (1915). Alertados polo artigo de Apollinaire, os artistas da vangarda desta época : [[Cubismo|cubistas]], [[OrfismoCubismo órfico|orfistas]], [[Futurismo|futuristas]], e os futuros [[Dadaísmo|dadaístas]] e [[Surrealismo|surrealistas]] fican impresionados e admirados.</br>
 
Un día de 1922, [[Yves Tanguy]] ve desde a plataforma dun autobús, nun escaparate, o cadro « ''Le Cerveau de l'enfant'' » (O cerebro do neno). Salta de socato do autobús e fica tan impresionado que decide entón facerse pintor "aínda que eu non tivera nunca un pincel!". Sen sabelo, tivo a mesma reacción que tivera [[André Breton]] seis anos atrás.