209.073
edicións
Xas (conversa | contribucións) (recat) |
Sem resumo de edição |
||
==Historia e características==
O número 1 de ''Terra e Tempo'' foi editado en [[1965]], dúas sinxelas pregas de papel. O seu carácter inicial, fundamentalmente teórico, corresponde con unha etapa de conformación dun espazo político e ideolóxico definido no que a consolidación dun núcleo militante relativamente reducido
Os números dos anos 72-74 amosan o proceso de decantación como partido comunista, e os dos anos 75-77 reflicten intensos debates sobre estratexia e táctica políticas provocados polo fin da Ditadura e pola reforma política no Estado Español. Desde [[1977]] até 1981 regularizase a súa edición e difusión, consecuencia da intensa actividade pública da [[UPG]] como integrante, xunto coa [[AN-PG]], da coalición político-electoral [[Bloque Nacional Popular Galego]].
A aposta por unha ampla fronte nacionalista en Galiza, que se concretizou en setembro de 1982 no [[Bloque Nacionalista Galego]], levou a [[UPG]] a renunciar á actividade pública en beneficio do protagonismo político da nova organización. Neste contexto, ''Terra e Tempo'' espaza a súa periodicidade e retoma o carácter eminentemente teórico. A fins do ano [[1995]] inicia unha nova etapa na que deixa de ser órgano de expresión do Comité Central da [[UPG]] para converterse nunha ''Revista de información, análise e interpretación'', aberta a calquera colaboración realizada desde unha óptica nacionalista e anti-imperialista: ''Botamos en falta máis coñecimento e debate sobre o noso país, máis interpretacións sobre o noso próprio mundo (…) Traballos que alumien aspectos esenciais da nosa existéncia ou simplesmente reflexionen en voz alta sobre o que está a suceder e o que estamos a viver na Galiza e no mundo''
Desde xullo de [[2004]] edítase baixo a responsabilidade da [[Fundación Bautista Álvarez de estudos nacionalistas]]<ref>http://www.bautistaalvarez.org/</ref> e desde 2010 ten unha edición dixital<ref>http://www.terraetempo.com
==Notas==
|
edicións