Pemón de Friúl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q716137
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
Pemón (ou '''Pemmo''') (? - post [[737]]) foi duque [[longobardo]] de [[ducado de Friúl|Friúl]] do [[710]] aproximadamente ao [[737]].
==Traxectoria==
 
Fillo de Billo, turbulento nobre [[longobardo]] de [[Belluno]] que despois pasou a [[Cividale]], subiu ao trono ducal tras a deposición de [[Córvulo de Friúl|Córvulo]], sobre o [[710]]. Tiña a estima de [[Paulo Diácono]], que nace durante o seu reinado e o define como "home intelixente e útil á patria" (''[[Historia Langobardorum]]'', [[s:a:Historia Langobardorum - Liber VI|VI]], 26); o historiador narra tamén como a muller do duque, Ratperga, lle pediu que buscase outra esposa, máis fermosa ca ela e, xa que logo, máis adaptada ao papel de duquesa. Di Paulo Diácono:
{{Cita|Sed ipse, ut erat vir sapiens, plus eius mores et humilitatem verecundamque pudicitiam quam corporis pulchritudinem sibi conplacere dicebat. De hac igitur coniuge tres Pemmo filios, hoc est Ratchis et Ratchait et Ahistulfum, viros strenuos, genuit. Quorum nativitas humilitatem matris ad gloriam erexit.|lingua=la||[[Paulo Diácono]], ''[[Historia Langobardorum]]'', [[s:a:Historia Langobardorum - Liber VI|VI]], 26}}
 
{{Cita|Pero el, que era un home sabio, dicía que lle gustaban máis os seus costumes, a humildade e o reservada pudor que a beleza do corpo. Desta muller Pemón tivo tres fillos, [[Rachis]], [[Anselmo de Friúl|Ratchait]] e [[Aistulfo]], todos valorosos, cuxo nacemento elevou á gloria a humildade da nai|[[Paulo Diácono]], ''[[Historia Langobardorum]]'', [[s:a:Historia Langobardorum - Liber VI|VI]], 26|Sed ipse, ut erat vir sapiens, plus eius mores et humilitatem verecundamque pudicitiam quam corporis pulchritudinem sibi conplacere dicebat. De hac igitur coniuge tres Pemmo filios, hoc est Ratchis et Ratchait et Ahistulfum, viros strenuos, genuit. Quorum nativitas humilitatem matris ad gloriam erexit|lingua=a}}
 
Como varios dos seus predecesores, debeu el tamén facer fronte aos [[eslavos]], aos que derrotou valorosamente e obrigou a aceptar as súas condicións. A batalla tivo lugar en Lauriana e, segundo Paulo Diácono, concluíu coa eliminación dos invasores fronte a unha soa perda da parte longobarda. O historiador precisa tamén que o groso das tropas de Pemón estaba constituído polos fillos xa crecidos dos guerreiros longobardos caídos, sempre por man eslava, co duque [[Ferdulfo de Friúl|Ferdulfo]]; o mesmo Pemón os criara, acolléndoos "como se tamén eles fosen fillos seus" (''Historia Langobardorum'', [[s:a:Historia Langobardorum - Liber VI|VI]], 26).
 
Pouco máis tarde atopouse enleado nunha grave confrontación co [[patriarcado de Aquileia|patriarca de Aquileia]] [[Calisto, patriarca de Aquileia|Calisto]], apoiado polo rei [[Liutprando]]. O patriarca protestou contra o feito de que o bispo de [[Zuglio]], Fidencio, mudase a sede da súa diocese a [[Cividale]]; a decisión foi ratificada tamén polo sucesor de Fidencio, Amador. Calisto, titular da cátedra de [[Aquileia]], vivía en [[Cormons]] a causa da excesiva vulnerabilidade da sede patriarcal aos ataques dos [[Imperio Bizantino|bizantinos]] e valorou inconveniente que outro bispo se asentase na capital ducal. Desterrou, xa que logo, a Amador e estableceuse na súa residencia en Cividale. Pemón non aceptou a resolución patriarcal e procedeu contra Calisto, mandándoo á cadea baixo dure condicións no castelo de Pozio. Na controversia intervén daquela o rei [[Liutprando]], que se situou contra o duque e o privou do título, confiándollo ao máis vello dos fillos de Pemón, [[Rachis]]. Intención de Liutprando era a eliminación de Pemón, pero desistiu pola insistencia de Rachis.
 
 
== Fontes==
 
*[[Paulo Diácono]], ''[[Historia Langobardorum]]'' (''Historia dos longobardos'', Lorenzo Valla/Mondadori, Milano [[1992]]).
 
 
[[Categoría:Ducado de Friúl]]