Meira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 121:
Da [[megalitismo|cultura megalítica]] consérvase o [[dolmen do Cortello da Vella]], as [[medorras de Paredes]] e as [[medorras de San Martín de Lúa]].
 
A igrexa de Santa María de Meira, é un templo [[arquitectura románica|románicos]], declarado [[Monumento Histórico Artístico Nacional]] en [[1931]]. Orixinalmente pertenceu a un mosteiro, xa desaparecido. Esta igrexa ten influencia da arquitectónica [[Borgoña|borgoñoa]] (importada de [[Francia]]) e está exenta totalmente da influencia compostelá. O templo ten planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior e unha de cruceiro. Ten tamén cinco capelas na cabeceira, todas elas cubertas por bóvedas de canón apuntado. No interior consérvanse sepulcros con relevos e o escudo dos Bolaño, unha lápida abacial e varios retablos, entre os que destaca o maior, de estilo [[neoclásico]], e o cruceiro, ámbolos dous do [[século XVII]]. Tamén se conserva unha colección de [[ourivería]] sacra.
 
Outros monumentos relixiosos son a [[capela de Paredes]], de planta rectangular, e a ermida de San Pedro, en [[Vilar de Mouros, Meira, Meira|Vilar de Mouros]].