Bleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 445 mediante HotCat
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 4:
Segundo a tradición, Bleda e Atila naceron de Bendeguz, o líder dos hunos. Nun primeiro momento, Atila e Bleda optaron por proseguir coa paz cos [[Imperio Romano|romanos]]. Polo tratado de Margus (hoxe [[Požarevac]]), o [[Imperio romano de Oriente]] duplicaba os tributos anuais ós hunos e entregáballes varias tribos xermánicas que desertaran do exército huno e se refuxiaran á outra beira do [[Danubio]]. Durante os 5 anos seguintes mantívose a paz, e Atila e Bleda aproveitaron para realizar incursións contra o [[Imperio sasánida]], aínda que foron finalmente derrotados cando trataban de conquistar [[Armenia]].
 
No [[439]], hunos e romanos acusáronse mutuamente de romper el tratado de Margus. En consecuencia, volveu haber a guerra entre ambos, e os exércitos de Atila e Bleda destruíron ou tomaron as cidades romanas de [[Viminacium]], Margus, Sigindunum ([[Belgrado]]) e Sirmium. Tras unha breve tregua en [[442]], os hunos continuaron os seus ataques e saquearon Ratiara, Naissus ([[Niš]]), Serdica ([[Sofía, Bulgaria|Sofía]]), Filipópolis ([[Plovdiv]]) e Arcadiópolis. Antes de que a situación se volvese aínda máis crítica, o emperador [[Teodosio II]] admitiu a súa derrota e comprometeuse a entregar unha indemnización de 1963 quilos de ouro ós hunos, ademais de triplicar os tributos acordados en Margus e pagar 12 [[sólido bizantino|sólidos]] por cada prisioneiro romano liberado.
 
Bleda morreu no ano [[445]], ó parecer durante unha cacería xunto co seu irmán [[Atila]]. Sempre se especulou que a súa morte non foi accidental.