Antonio Salieri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 51 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q51088
lig ints
Liña 25:
Arredor de 1790 Mozart, no cumio da súa fama, acusou a Salieri, cunha popularidade xa decadente, de plaxio e de querer atentar contra a súa vida. Segundo o historiador [[Alexander Wheelock Thayer]] as sospeitas de Mozart poderían ter orixe nun episodio ocorrido dez anos antes, cando Mozart viu como Salieri lle quitaba o posto de profesor de música da princesa de Württemberg. Ó ano seguinte, Mozart no consiguiu nin sequera o posto de profesor de piano da princesa.
 
Cando a ópera de Mozart ''[[Le nozze di Figaro|As Vodas de Fígaro]]'' tivo en principio un xuízo negativo tanto do público como do propio emperador, o compositor acusou a Salieri do fracaso e de boicotear a estrea (''"Salieri e os seus acólitos moverían ceo e terra con tal de facelo caer"'', comentou o pai de Mozart, Leopold, referíndose ó primeiro fracaso do seu fillo; ese fracaso sería só temporal, como demostrará máis adiante o éxito desta ópera). Pero naquela época Salieri estaba ocupado en [[Francia]] coa representación da súa ópera ''Les Horaces'', o que fai dubidar sobre as posibilidades de decidir a esa distancia sobre o éxito ou o fracaso dunha ópera.
 
Moito máis probablemente (e tamén segundo as teses de Thayer), quen debeu instigar a Mozart contra Salieri puido ser o poeta [[Giovanni Battista Casti]], rival do poeta da corte [[Lorenzo da Ponte]], autor do libreto de ''Le nozze di Figaro''. Unha confirmación indirecta de ata que punto esta disputa entre Mozart e Salieri puido ser algo artificialmente montado está no feito de que cando en 1788 o italiano é nomeado ''Kapellmeister'', en lugar de propor para a ocasión unha das súas óperas preferiu reeditar ''AsLe Vodasnozze dedi FígaroFigaro''.
 
Moitos artistas e escritores ocupáronse desta dualidade entre Mozart e Salieri: no terreo musical e dramático o compositor [[Nikolái Rimski-Kórsakov]] escribiu en 1898 a ópera ''Mozart et Salieri'', e o dramaturgo [[Peter Shaffer]] escribiu en 1979 a obra de teatro ''Amadeus''. O director de cine [[Milos Forman]] adaptou esta obra en 1984 co mesmo nome, adaptación premiada cun [[Oscar]] e reeditada posteriormente en DVD con fragmentos non incluídos na súa estrea.