Océano Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
Co desenvolvemento técnico obtido, as viaxes portuguesas tornáronse máis ousadas e frecuentes a través do Atlántico, de tal forma que ata [[1488]] toda a costa oeste da [[África]] estaba explorada, recoñecida e, nos primeiros 20 anos do [[século XVI]], toda a costa atlántica do continente americano (atopado no [[1492]] por Colón) fora visitada por navegadores portugueses, españois ou italianos ao servizo de [[España]]. Os reis de [[Portugal]] procuraron, desde o inicio, garantir as descobertas dos seus navegadores e desde [[1443]], varias leis reivindicaron o dereito de navegación exclusiva nos mares recoñecidos polas súas naus. En 1454, o papa Nicolao V ratificou a pretensión dos portugueses, reservándolles o dereito exclusivo de navegación e comercio. En 1474, Afonso V mandou que aqueles que violasen esas determinacións fosen mortos e os seus bens confiscados pola coroa. O Tratado de paz de Toledo, entre [[España]] e [[Portugal]], ratificou eses dereitos, que foron reafirmados nas ordenacións Manuelinas (1514). Ata 1580, houbo pouca contestación internacional a esas pretensións, excepto pequenos conflitos diplomáticos causados pola acción de corsarios protexidos polos reis de [[Francia]] e [[Gran Bretaña]]. Despois de [[1580]], con todo, a contestación creceu, envolvendo tamén os holandeses en guerra con [[España]] pola súa independencia. Eles estenderon as accións bélicas contra [[Portugal]], despois da unión das dúas Coroas e pasaron á liberdade dos mares; na tregua asinada con Filipe III (de [[España]] e [[Portugal]]), obtiveron o dereito de navegar por eses mares, aínda que baixo licenza do rei de [[España]]. Ese tratado marcou o principio da liberdade dos mares. A partir do [[século XVII]], comezou a exploración hidrográfica do Atlántico, efectuada de inicio polos holandeses, despois polos ingleses e franceses ([[século XVIII]]). No [[século XIX]] organizáronse numerosos cruceiros oceanográficos que permitiron a elaboración dunha detallada carta batimétrica do Atlántico.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Atlantic Ocean}}
=== Bibliografía ===
* {{cite book| last = Winchester| first = Simon| title = Atlantic: A Vast Ocean of a Million Stories| year = 2010| publisher = HarperCollins UK| isbn = 9780007341375 }}
 
=== Ligazóns externas ===
*[https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/zh.html Océano Atlántico] en [[The World Factbook]] ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
*[http://www.dmoz.org/Science/Environment/Water_Resources/Oceans/ Océanos] no [[Open Directory Project]] ''(en [[lingua inglesa|inglés]])''
 
[[Categoría:Mares e océanos|Atlántico, Océano]]