Almorzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
insostible como se di na conversa, xaxún a primeira comida?
Liña 11:
=== Galicia ===
En Galicia tradicionalmente<ref>Xaquín Lorenzo. ''Os oficios''. Galaxia, 1983, páxina 311</ref> o almorzo consistía nunha cunha de [[leite]] ou [[caldo]] con [[pan]] cando o almorzo se facía na casa e pan con [[touciño entrefebrado]] ou [[chourizo]] con [[xamón]] cando se almorzaba fóra da casa.
 
En Galicia era tradicional dividir as primeiras comidas comidas do día, as de antes da principal (o "xantar"), en dúas sesións, sobre todo no eido rural debido ao tempraneiro das labores do agro. A primeira sesión, que adoitaba realizarse a primeira hora da mañá no lar e é anomeada "xaxún" (en alusión á súa ruptura logo do descanso nocturno), consisitía en caldo, acompañado de pan e ás veces viño, ou "papas" de leite, nas que esta se mesturaba con anacos de pan e algún outro ingrediente (sobre todo castañas, normalmente cocidas); podía ir acompañado, asemade, de touciño, xamón, lacón, chourizo ou algún outro produto cárnico. A media mañá realizábase o "almorzo", máis consistente, tradicionalmente realizado fóra do fogar, no lugar dos labores agrícolas ou gandeiras, e composto por pan, touciño, lacón, xamón, chourizo ou semellantes, queixo, acaso algo de froita e a miúde un grolo de augardente. Os modernos usos propiciaron que o "almorzo" se homologara co habitual en toda a Península Ibérica, sendo comúns o leite, café, cacao, cereais, carbohidratos (pan -tostado ou non-, galletas...), froita (poida que en como marmelada ou confitura), manteiga (que, coma en Portugal, pode ter diversos graos de salgado), bolería, etc. consumidos dunha sentada (no lar, recén acordado, habitualmente entre 7 e 9 da mañá) que pode ser reforzada por outra cara ao mediodía (10-12 da mañá), durante un receso na xornada laboral ou escolar.
 
O ritmo de vida frenético e a falta de tempo cambiou radicalmente os hábitos alimenticios tradicionais e é difícil, neste momento, establecer condutas adecuadas para unha boa nutrición.
 
=== Almorzo alemán ===