Usuario anónimo
sen resumo de edición
Sen resumo de edición |
|||
No ano [[1936]] a Orquestra Mallo cesa temporalmente a súa actividade musical por mor da [[Guerra Civil Española]], ata que no ano [[1940]] volve a organizarse, nesa ocasión con Antonio Mallo como líder, Virgilio, José Illañez, Arturo Goncerlián e Pucho Portela de violinista. Nesta etapa actuarán por toda España nos cafés-teatros en Bilbao, Barcelona, Toledo, León e na propia Galiza. Na década dos 50, Antonio Mallo e a súa orquestra reúnen por primeira vez aos tres irmáns: Antonio Mallo, Juan e Daniel Mallo. Formará tamén parte da Orquestra Mallo [[Pucho Boedo]], antes de que este formase parte da orquestra [[Los Satélites]], Os Trovadores e chegase a súa fama co grupo vocal [[Os Tamara]]. Comeza así a época dorada da orquesta de Antonio Mallo. Durante os anos [[1960]], [[1961]] e [[1962]] continúan os tres acordeonistas levantando o fervor popular, e fanse famosas as súas actuacións no Kiosko Afonso da Coruña e en diversas vilas e salas de Galiza. Crease a primeira [[Big Band]] á americana con catorce músicos: tres acordeonistas, unha sección de metal de oito componentes, repartida en catro saxofonistas, tres trompetistas, un trombonista, e dos membros na parte rítmica, cun contrabaxista, un batería e unha voz solista no frente. En [[1963]], morre en accidente de caza, Juan Mallo, o mediano dos irmáns Mallo. Dende [[1964]] ata [[1969]] continúan as actuacións e incorpóranse as voces solistas de Pepe e Raimundo Pita.
Na década dos setenta un dos hoteis máis importantes da cidade da Coruña, o Finisterre, solicita os servizos da Orquestra Mallo e no [[1973]], xubílase unha das voces míticas da orquesta Mallo, Raimundo Pita, que permaneceu na orquestra durante vinte anos. No [[1974]] as voces deixaron unha pegada na Orquesta Mallo, Raimundo Pita e Melchor Rodó. Este último que foi además gañador
En [[1985]] Daniel Mallo abandona a participación activa na orquestra, e faise cargo da mesma o seu fillo Juan Mallo, iniciándose con el un período de renovación musical. Na actualidade, a Orquesta Mallo segue coas súas actuacións, tocando temas orixinais dos tres irmáns, facendo festa adaptada a todo o público, pero sen deixar de lado as antigas tradicións acordeonísticas da nosa cultura e guiado sempre polo sucesor da tradición da familia Mallo, o músico Juan Mallo.
|