Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Contexto histórico: Porto (comunicacións)
m →‎Contexto histórico: Igrexa (arquitectura)
Liña 35:
A pintura en Antuerpen seguiu as novas tendencias do [[Renacemento]] grazas ás achegas chegadas de [[Italia]], que se estenderon por tódolos [[Países Baixos]]. [[Alberto Durero|Durero]], na súa viaxe por estas terras no ano [[1520]], coñeceu ó pintor [[Quentin Metsys]], a [[Joachim Patinir]] e ó gravador [[Lucas van Leyden]]. A [[Escola flamenca|arte flamenca]] deixouse influír polo [[manierismo]] e logo polo [[Naturalismo na arte|naturalismo]], que se fusionaron coa súa propia tradición. Coa chegada de [[Pieter Brueghel o Vello]], a arte flamenco tomou un rumbo máis forte, referencia dende a que Rubens construíu unha expresión pictórica totalmente innovadora, que conduciría á xenialidade do [[barroco]].
 
Os Países Baixos estaban baixo o [[Imperio español|dominio español]], polo matrimonio de [[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]] con [[Xoana I de Castela]] e máis tarde polos seus herdeiros, [[Carlos I de España|Carlos V]] e, despois da súa [[abdicación]] en [[1555]], por [[Filipe II de España|Filipe II]]. Nin o pobo nin parte da [[aristocracia]] con [[Guillerme de Orange]] á fronte, soportaban a ditadura de Felipe II, feito que levou a que o [[15 de abril]] de [[1566]] presentaran á gobernadora xeral [[Margarida de Austria e Parma|Margarida de Parma]], media irmá de Filipe II, unha petición coñecida como o "[[Compromiso de Breda]] ou "Compromiso dos Nobres", cuxo obxectivo era a supresión da [[Inquisición]] e a restauración de liberdades. Os [[calvinistas]], en particular, destruíron [[igrexaIgrexa (arquitectura)|igrexas]]s, profanaron imaxes (''[[Beeldenstorm]]'') e incendiaron vilas. Margarida de Parma pediu axuda ó Rei Filipe II de España, que enviou ó III [[duque de Alba]], [[Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel]], que tras unhas batallas e represións feroces, fixo volver a paz, e os calvinistas fuxiron a [[Alemaña]].
 
Dez das [[Dezasete Provincias]] dos Países Baixos permaneceron baixo o dominio do Rei de España, ata que en [[1714]], polo [[Tratado de Utrecht]], foron cedidas a [[Austria]]. A causa do enfoque artístico non iconoclasta dos católicos, os seus artistas traballaron e atoparon ós seus [[mecenas]] entre a [[monarquía]] e a [[Nobreza|realeza española]], que influíron nas obras que realizaron especialmente de temas relixiosos e de batallas, así como retratos. A escola flamenca de pintura adquiriu unha forte consolidación: no sur dos Países Baixos, a [[igrexa católica]] potenciou as maiores representacións do seu trunfo como relixión e este trunfo tivo ó seu maior intérprete en Rubens, que foi un arraigado crente católico.<ref>Micheletti, Emma (1966) p.6</ref>