Prestige: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mandara
edición táboas con fotos
Liña 15:
|iniciado = 1975
|botado = [[1 de marzo]] de [[1976]]
|asignado = Gladys (Primeiro nome)
|viaxe_inaugural =
|baixa = {{ESP}} [[19 de novembro]] de [[2002]]
|destino = afundido
|desprazamento = 81.589 toneladas (peso morto)<br>42.820 Rexistro Bruto (GT)
|desprazamento_inmersión =
|propulsión= B & W (Burmeister & Wain) 8K84EF dous tempos [[Motor diésel|diésel]]
|potencia = 714.766711 kW
|potencia_inmersión =
|velocidade= 15,4 nós (28,5 km/h)<br>(12 nós, últimos contratos)
|velocidade_inmersión =
|eslora = 243,5 [[metro]]s (eslora total)<br>232 m (eslora entre perpendiculares)
Liña 47:
|notas = Rexistro [[OMI]]: 7372141<br>Sociedade [[American Bureau of Shipping|ABS]]: 7603948
}}
O '''''Prestige''''' foi un buque [[petroleiro]] monocasco construído en Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o [[19 de novembro]] de [[2002]], producindo unha inmensa [[marea negra]] que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de [[Portugal]] ata as [[Landas]] ou [[Vendée]], en [[Francia]], provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de [[Galicia]]<ref>''La mayor catástrofe ecológica de la historia de Galicia'' (''La Voz de Galicia: ola negra'', portada); ''La mayor catástrofe de su historia'' (''La Voz de Galicia: los héroes del 13-N'', px. 5); ''La mayor marea negra de la historia de Europa'' (Michel Girin, director do CEDRE, o 9.01.2003 (en ''¿Que foi do Prestige?'', px. 156); ''La marea negra más extensa de la historia'' (''La Voz de Galicia'', 13.11.2003; ''Lo que podría haber sido un accidente se convirtió una semana después en el mayor desastre ecológico sufrido en Galicia'' (''El País'', 31.07.2012); ''El más devastador desastre ecológico de la historia de España'' (''El País'', 16.10.2012). Fronte a estas opinións, segundo unha enquisa do Barómetro Sociopolítico Galego realizada en marzo de 2003, o afundimento do ''Prestige'' era ''un dos problemas máis importantes para Galicia'' para o 61,6% dos galegos, pero non alcanzaba tal importancia para o 38,4%; a importancia relativa dependía das simpatías políticas dos enquisados: era ''un dos problemas máis importantes'' para o 73,9% dos votantes do BNG e para o 68,4% dos votantes do PSOE, pero só o era para o 51,6% dos votantes do PP (''¿Que foi do Prestige?'', px. 168.)</ref> e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma [[Nunca Máis]].
 
O '''''Prestige''''' foi un buque [[petroleiro]] monocasco que afundiu fronte ás costas galegas o [[19 de novembro]] de [[2002]], producindo unha inmensa [[marea negra]] que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de [[Portugal]] ata as [[Landas]] ou [[Vendée]], en [[Francia]], provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de [[Galicia]]<ref>''La mayor catástrofe ecológica de la historia de Galicia'' (''La Voz de Galicia: ola negra'', portada); ''La mayor catástrofe de su historia'' (''La Voz de Galicia: los héroes del 13-N'', px. 5); ''La mayor marea negra de la historia de Europa'' (Michel Girin, director do CEDRE, o 9.01.2003 (en ''¿Que foi do Prestige?'', px. 156); ''La marea negra más extensa de la historia'' (''La Voz de Galicia'', 13.11.2003; ''Lo que podría haber sido un accidente se convirtió una semana después en el mayor desastre ecológico sufrido en Galicia'' (''El País'', 31.07.2012); ''El más devastador desastre ecológico de la historia de España'' (''El País'', 16.10.2012). Fronte a estas opinións, segundo unha enquisa do Barómetro Sociopolítico Galego realizada en marzo de 2003, o afundimento do ''Prestige'' era ''un dos problemas máis importantes para Galicia'' para o 61,6% dos galegos, pero non alcanzaba tal importancia para o 38,4%; a importancia relativa dependía das simpatías políticas dos enquisados: era ''un dos problemas máis importantes'' para o 73,9% dos votantes do BNG e para o 68,4% dos votantes do PSOE, pero só o era para o 51,6% dos votantes do PP (''¿Que foi do Prestige?'', px. 168.)</ref> e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma [[Nunca Máis]].
[[Ficheiro:Muxía.Pedra_da_Ferida.jpg|miniatura|280px|Pedra da Ferida. Monumento que lembra en [[Muxía]] a catástrofe do ''Prestige''.]]
 
==O barco==
O ''Prestige''<ref>Tivera como nome anterior ''Mt Gladys'' (''Contrastes'', px. 12).</ref> era un petroleiro [[monocasco]] da clase Aframax<ref>Existen catro categorías de barcos petroleiros, en función da súa capacidade de carga. A clase ''Aframax'' é a inferior, cunha capacidade de 80.000 a 115.000 toneladas.</ref>, de rexistro [[Grecia|grego]] que navegaba con bandeira das [[Bahamas]]. O propietario do barco era a compañía Mare Shipping (de [[Liberia]]) pero era explotado pola navieira grega Universe Maritime; a carga era propiedade da compañía petroleira [[Rusia|rusa]] Crown Resources, baseada en [[Suíza]]. O buque tiña 243,5 m de eslora, 34,4 m de manga, 18,7 m de puntal e 14 m de calado a plena carga<ref>''Eslora'' é a lonxitude da nave entre a proa e a popa; ''manga'' é a maior anchura comprendida entre babor e estribor; ''puntal'' é a altura medida entre a quilla á cuberta principal; e ''calado'' a altura da parte do buque baixo a auga, medida deste a quilla ata a lámina da auga.</ref>. Fora construído por Hitachi Shipbuilding Engineering, en Maizuru ([[Xapón]]) e botado ó mar o 1 de marzo de [[1976]]. Estaba rexistrado pola sociedade de clasificación norteamericana [[American Bureau of Shipping]] (ABS) e asegurado por The London P&I Club (The London Steamship Owner’s Mutual Insurance Association, do Reino Unido).