Streptococcus pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 72:
 
== Parede celular ==
A [[parede celular]] rodea a [[membrana plasmática]] e confire á bacteria unha morfoloxía típica. A adquisición deste tipo de estruturas, a modo de [[exoesqueleto]], serviulle ás bacterias como mecanismo de adaptación ao medio externo, protexéndoas da súa posible lise, xa sexa osmótica ou mecánica. Ademais de ser o medio de intercambio de solutos entre o exterior e o interior celular, a parede bacteriana serve de punto de unión para toda un conxunto de proteínas implicadas en procesos de crecemento e división celular, e nas interaccións da célula co medio exterior. A parede desempeña un papel importante nos procesos de colonización, adherencia, inflamación e invasión bacteriana, xa que o pneumococo modula, a través da variación de fase, a distribución de subcompoñentes da paredparede relacionados coa internalización da bacteria ou a indución da resposta [[inflamación|inflamatoria]] durante o proceso de [[infección]].
 
No caso do pneumococo a parede está constituída por un entramado de cadeas de [[peptidoglicano]] (mureína) e os [[ácido teicoico|ácidos teicoicos]] e [[ácido lipoteicoico|lipoteicoicos]] asociados a elas, formando este conxunto unha estrutura multilaminar cun grosor comprendido entre 15 e 40 [[nanómetro|nm]]. O peptidoglicano do pneumococo está formado por un entramado tridimensional de cadeas de polisacárido constituídas por residuos alternantes de [[ácido N-acetilmurámico]] e [[glicosamina]] enlazados por [[enlace glicosídico|enlaces glicosídicos]] β1→4, que se entrelazan mediante curtos segmentos peptídicos. Cada cadea glicídica posúe arredor duns 35 [[disacárido]]s, o que supón, na súa conformación máis estendida, unha lonxitude media de 35 nm. O crecemento da parede realízase intercalando novos aneis de peptidoglicano aos xa existentes. O nivel de acetilación dos residuos é do 90% para o murámico e do 16% para a glicosamina. A desacetilación dos residuos ten lugar trala súa incorporación á parede celular e constitúe un dos mecanismos de virulencia da bacteria, ao facela resistente ás [[lisocima]]s do hóspede.