Streptococcus pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 66:
 
No caso do pneumococo a parede está constituída por un entramado de cadeas de [[peptidoglicano]] (mureína) e os [[ácido teicoico|ácidos teicoicos]] e [[ácido lipoteicoico|lipoteicoicos]] asociados a elas, formando este conxunto unha estrutura multilaminar cun grosor comprendido entre 15 e 40 [[nanómetro|nm]]. O peptidoglicano do pneumococo está formado por un entramado tridimensional de cadeas de polisacárido constituídas por residuos alternantes de [[ácido N-acetilmurámico]] e [[glicosamina]] enlazados por [[enlace glicosídico|enlaces glicosídicos]] β1→4, que se entrelazan mediante curtos segmentos peptídicos. Cada cadea glicídica posúe arredor duns 35 [[disacárido]]s, o que supón, na súa conformación máis estendida, unha lonxitude media de 35 nm. O crecemento da parede realízase intercalando novos aneis de peptidoglicano aos xa existentes. O nivel de acetilación dos residuos é do 90% para o murámico e do 16% para a glicosamina. A desacetilación dos residuos ten lugar trala súa incorporación á parede celular e constitúe un dos mecanismos de virulencia da bacteria, ao facela resistente ás [[lisocima]]s do hóspede.
 
==Interación con ''Haemophilus influenzae''==
No tracto respiratorio superior humano poden encontrarse tanto a bacteria ''[[Haemophilus influenzae]]'' coma ''S. pneumoniae''. Un estudo de competición ''[[in vitro]]'' revelou que ''S. pneumoniae'' domina a ''H. influenzae'' ao atacala con [[peróxido de hidróxeno]].<ref>{{cite journal |author=Pericone, Christopher D., Overweg, Karin, Hermans, Peter W. M., Weiser, Jeffrey N. |title=Inhibitory and Bactericidal Effects of Hydrogen Peroxide Production by Streptococcus pneumoniae on Other Inhabitants of the Upper Respiratory Tract |journal=Infect Immun |volume=68 |issue=7 |pages=3990&ndash;3997 |year=2000 |pmid=10858213 |doi=10.1128/IAI.68.7.3990-3997.2000 |pmc=101678}}</ref>
 
cando ambas as bacterias están xuntas na cavidade nasal dun rato, en dúas semanas, só ''H. influenzae'' sobrevife. Cando ambas as dúas se sitúan separadamente en distintas zonas da cavidade nasal, sobreviven ambas. Examinando o tracto respiratorio superior dun rato exposto a ambas as bacterias, encóntrase un número extraordinariamente alto de [[neutrófilo]]s do sistema inmunitario. En ratos expostos a só unha das bacterias, estes neutrófilos non están presentes.
 
As probas de laboratorio mostran que os neutrófilos que son expostos a bacterias xa mortas de ''H. influenzae'' eran máis agresivos ao atacaren a ''S. pneumoniae'' que os neutrófilos que non foron expostos. A exposición a ''H. influenzae'' mortas non ten efecto sobre as ''H. influenzae'' vivas.
 
Propóñense dous posibles escenarios para explicar estes fenómenos:
 
# Cando ''H. influenzae'' é atacada por ''S. pneumoniae'', envía sinais ao sistema inmunitario para que ataque a ''S. pneumoniae''.
# A combinación de dúas especies pon en marcha unha alarma do sistema inmunitario que non se pon en funcionamento se está presente só unha das especies.
 
Non está claro por que ''H. influenzae'' non é afectada pola resposta do sistema inmunitario.<ref name="PLosPathog2006-Lysenko">{{cite journal | author=Lysenko ES, Ratner AJ, Nelson AL, Weiser JN | title=The Role of Innate Immune Responses in the Outcome of Interspecies Competition for Colonization of Mucosal Surfaces | journal=PLoS Pathog | year=2005 | pages=e1 | volume=1 | issue=1 | pmid=16201010 | doi=10.1371/journal.ppat.0010001 | pmc=1238736}} [http://pathogens.plosjournals.org/perlserv/?request=get-document&doi=#10.1371/journal.ppat.0010001 Full text]</ref>
 
== Notas ==