Lombardía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Lombardía leva artigo segundo a RAG. Fonte: http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=lombardo
JaviP96 (conversa | contribucións)
fusión feita manualmente
Liña 1:
#REDIRECT [[Lombardía - Lombardia]]
{{Primeira entidade subestatal
| nome_oficial = Lombardía<br /><small>Lombardia<br />Lumbardia</small>
| nome_curto = Lombardía
| de = da
| desub = da
| imaxe_bandeira = Flag of Lombardy.svg
| imaxe_escudo = Regione-Lombardia-Stemma.svg
| imaxe_mapa = Map Region of Lombardia.svg
| símbolos =
| lema=
| himno =
| bandeiraestado = {{ITAb}}
| estado = Italia
| capital = [[Milán]]
| capital_poboación = 1.294.797 ([[2008]])
| capital_coor = 45_27_51_N_09_11_25_E_
| cidade_principal =
| linguas = [[Lingua italiana|Italiano]], [[Lingua lombarda|lombardo]]
| idioma_oficial = Italiano
| goberno = [[Rexión de Italia]]
| dirixentes_títulos = [[Presidente]]
| dirixentes_nomes = Roberto Formigoni ([[O Pobo da Liberdade|PdL]])
| fundación = [[Risorgimento|Anexión]]
| fundación_fitos =
| fundación_datas = [[1859]]
| superficie = 23.861
| superficie_posto = 4
| superficie_auga = n/d
| fronteiras = n/d
| costas = 0
| poboación = 9.844.943 <small>([[2010]])</small>
| poboación_posto = 1
| poboación_densidade = 411,6
| xentilicio = Lombardo/a
| horario = [[UTC]]+1
| horario_verán = [[UTC]]+2
| cctld = .it
| código_telefónico =
| prefixo_radiofónico =
| matrícula automóbiles =
| código_ISO = ITC
|notas= <center>[http://www.regione.lombardia.it Páxina Web Oficial]</center>
}}
A '''Lombardía''' (en [[lingua lombarda|lombardo]]: ''Lumbardia'', en [[lingua italiana|italiano]]: ''Lombardia'') é unha das vinte rexións de [[Italia]]. Con preto de dez millóns de habitantes é a rexión máis poboada da [[República Italiana|República]]. Situada entre os [[Alpes]] e o val do [[Río Po|Po]], limita ao norte con [[Suíza]] (cantón [[Tesino]] e os [[Grisóns]]), ao oeste co [[Piemonte]], ao leste co [[Véneto]] e o [[Trentino-Tirol do Sur]] e ao sur coa [[Emilia-Romaña]]. A súa capital é [[Milán]].
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Brusimpiano Italy.jpg|miniatura|esquerda|160px|Brusimpiano, ás beiras do Lago Lugano]]
[[Ficheiro:PizBernina2.jpg|miniatura|esquerda|160px|Pico Piz Bernina (4.055 m)]]
A superficie da Lombardía divídese case a partes iguais entre a [[chaira]] (que representa preto do 47% do territorio) e as zonas montañosas (que representan o 40%). O restante 13% da rexión é zona de outeiros. Morfoloxicamente, a rexión divídese en catro partes: unha estritamente alpina, outra montañosa ou de outeiros, outra chá subdividida en alta e baixa e finalmente a área ao sur do [[río Po]]. A zona de montaña máis importante é zona [[Alpes|alpina]] que inclúe os Alpes Lepontinos e Réticos, co pico ''Piz Bernina'' que acada os 4.055 msnm, os Alpes Bérgamo, os Ortles e os macizos Adamello, seguida por unha zona de estribacións dos Prealpina, que inclúen os picos de Grigna (2.410 m), Resegone (1.875 m) e Presolana (2.521 m). Os grandes lagos lombardos, todos de orixe glaciar, atópanse nesta zona. De oeste a leste, estas son o lago Maggiore, o Lago de Lugano (só unha pequena parte é italiana), o Lago de Como, Lago Iseo, Lago de Idro, entón o [[lago de Garda]], o máis grande de Italia. Outras montañas de menor importancia atópase ao sur do Po, nos [[Apeninos]].
 
O clima é continental, aínda que con variacións dependendo da altitude ou a presenza das augas continentais. O carácter continental do clima é máis acentuado nas chairas, con altas oscilacións térmicas anuais (en Milán a temperatura media en xaneiro é de 1,5&nbsp;°C e en xullo de 24&nbsp;°C), sendo características as espesas néboas entre outubro e febreiro. Así pois en xeral os invernos son bastante fríos (as temperaturas poden chegar a mínimos de -11&nbsp;°C) e os veráns calorosos (non é dificil atopar zonas que superen os 35&nbsp;°C), húmidos e moderadamente chuviosos, por exemplo as zonas próximas aos lagos teñen un clima semellante ao [[clima mediterráneo|mediterráneo]], o cal permite o cultivo de oliveiras. As precipitacións son máis frecuentes nas zonas prealpinas (até 1.500 - 2.000 mm anuais) que nas chairas e as zonas dos [[Alpes]] (de 600 a 850 mm anuais).
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Iron Crown.JPG|miniatura|esquerda|A ''Corona Ferrea'', coroa dos reis lombardos]]
Ao longo da historia foron moitos os pobos que pasaron pola actual Lombardía, entre os que se poden destacar os [[etruscos]], os [[celtas]] ou [[galos]], que precederon aos [[Roma Antiga|romanos]], que chegaron á rexión no [[-300|século III a.C.]] Nos últimos anos do [[Imperio romano]], a relativa veciñanza co [[Danubio]] favoreceu numerosas incursión de pobos bárbaros no territorio lombardo e coa definitiva caída do occidente romano, alternáronse a posesión do territorio os [[ostrogodos]] e os [[bizantinos]].
 
Entre os anos [[559]] e o [[774]] os bizantinos foron substituídos polos [[longobardos]], un pobo procedente da [[Escandinavia]], que converteron a Lombardía no centro do seu [[Reino longobardo|reino]], sendo [[Pavia]] a súa capital. No 774 o rei dos [[francos]], [[Carlomagno]], foi chamado a Italia polo [[Papa]], o cal estaba ameazado polos longobardos. Xunto co seu exército entrou en Pavia, e Carlomagno fixo prisioneiro ao rei longobardo Desiderio, dando comezo ao dominio dos francos na Lombardía. Carlomagno dividiu as terras en feudos e os subordinou á administración a nobres da súa confianza, chamados "vasalos" (en italiano "vasalli"), que gobernaron o territorio no seu nome, dando inicio á estrutura política que caracterizou o Alto Medievo.
 
Entre os [[século XII|séculos XII]] e [[século XIV|XIV]] diversas cidades lombardas estiveron baixo control de familias aristocráticas, as máis potentes foron os Gonzaga en [[Mantua]] e os Sforza en [[Milán]]. Os representantes destes nobres chamaron aos artistas máis famosos que embeleceron as súas pertenzas e as cidades. A Lombardía enriqueceuse así con marabillosas obras de arte como o castelo Sforzesco de Milán. Dende a fin do [[século XV]] a Lombardía volve converterse en terra de conquista: primeiro chegaron os [[Francia|franceses]], sendo cedida despois aos [[España|españois]] que se mantiveron bastante tempo. Durante esta dominación a rexión coñeceu, despois dun primeiro período de prosperidade, unha progresiva decadencia, agravada no [[século XVII]] pola epidemia da peste.
 
En [[1706]] foi herdada polos [[Imperio Austríaco|austríacos]], aínda que case un século despois foron expulsados por [[Napoleón Bonaparte]], que dominou a rexión durante vinte anos. Despois da caída de [[Napoleón]], en [[1815]] restabeleceuse o goberno austríaco, na forma de estado-títere chamado Reino de Lombardía-Venecia. Por mor do Movemento de Independencia Lombardo (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Movimento d'Independenza Lombarda'') a rexión converteuse nun dos centros intelectuais que conducen á unificación italiana, sendo a rexión foi o centro de feroces loitas durante trinta anos, que terminaron en [[1859]], cando a Lombardía é definitivamente liberada da ocupación estranxeira e anexada ao [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]]. A partir de finais do [[século XIX]], e cun gran auxe despois da [[Segunda Guerra Mundial]], a Lombardía confirmou o seu status como a zona economicamente máis desenvolvida de Italia.
 
== Demografía ==
[[Ficheiro:Milano piazza Duomo.jpg|miniatura|Milán]]
[[Ficheiro:Lombardia Brescia3 tango7174.jpg|miniatura|Brescia]]
Con preto de dez millóns de residentes a Lombardía é a rexión máis populosa de Italia e está entre as primeiras de Europa, cunha poboación por encima da de países como [[Austria]], duplicando a [[Noruega|norueguesa]] e moi preto das grandes rexións europeas como [[Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen|Renania do Norte-Westfalia]], [[Baviera]], [[Illa de Francia]] ou [[Baden-Württemberg]], que superan os dez millóns de habitantes. Os lombardos supoñen o 16% da poboación italiana e viven no 7,9% do territorio, dando orixe a unha densidade demográfica próxima aos 400 hab./km², só superados en densidade pola [[Campania]]. A provincia máis poboada é a de Milan, seguida da de Brescia e Bérgamo, mentres que a menos habitada é a de Sondrio.
 
A inmigración foi o factor máis significativo no eido demográfico nesta rexión no último século. O aumento de cinco millóns de habitantes, principalmente na posguerra, ten orixe sobre todo na inmigración de outras rexións italianas (noroeste e sur). A poboación estranxeira presente na Lombardía (665.884 habitantes en [[2006]]) constitúe case a cuarta parte do total italiano, representando o 6,3% do total da poboación lombarda. Dende os últimos anos do [[século XX]], na Lombardía e en Italia, ten comezado un fluxo migratorio procedente de países non europeos, particularmente [[África|africanos]], [[Asia|asiáticos]] e [[América do Sur|sudamericanos]], así como de [[Europa oriental]]. A presenza humana no territorio caracterízase por unha ter pouca uniformidade, dado que se concentra entre as provincias de Varese, Como, Lecco, Milán e Bérgamo. Este territorio ten máis de 6,5 millóns de habitantes e é un continuo urbano chamado ''città infinita''. As cidades máis importantes da rexión son:
 
{|class="wikitable"
|-
!#
! Cidade
! Provincia
! Poboación
|-----
| 1
| [[Milán]]
| ''[[Provincia de Milán|Milán]]''
| 1.303.670
|-----
| 2
| [[Brescia]]
| ''[[Provincia de Brescia|Brescia]]''
| 190.044
|-----
| 3
| [[Monza]]
| ''[[Provincia de Monza e Brianza|Monza e Brianza]]''
| 121.445
|-----
| 4
| [[Bérgamo]]
| ''[[Provincia de Bérgamo|Bérgamo]]''
| 115.645
|-----
| 5
| [[Como]]
| ''[[Provincia de Como|Como]]''
| 84.083
|-----
| 6
| [[Varese]]
| ''[[Provincia de Varese|Varese]]''
| 81.990
|-----
| 7
| [[Busto Arsizio]]
| ''[[Provincia de Varese|Varese]]''
| 81.431
|-----
| 8
| [[Sesto San Giovanni]]
| ''[[Provincia de Milán|Milán]]''
| 81.033
|-----
|}
 
== Economía ==
[[Ficheiro:Galleria Vittorio Emanuele II (Milan).jpg|miniatura|Galería Vittorio Emanuele II, coñecida zona comercial de [[Milán]].]]
A Lombardía está considerada unha rexión altamente industrializada, provendo esta imaxe ven da revolución industrial, que se produce na Lombardía no [[século XIX]] e que se incrementa co gran auxe económico da posguerra. Así pois é a rexión máis rica de Italia e está entre as rexións con maior renda per cápita da [[Unión Europea]]. O [[PIB]] lombardo (con 254.447 millóns de euros) é superior ao de países como [[Arabia Saudí]], [[Noruega]], [[Sudáfrica]], [[Arxentina]] ou [[Portugal]].
 
A economía lombarda caracterízase polo desenvolvemento dunha ampla variedade de sectores, dende os máis tradicionais como a agricultura ou a gandería á industria pesada e lixeira, pasando polo sector terciario, que experimentou un forte auxe nas últimas décadas. A industria florece en múltiples sectores, particularmente, nas áreas metal-mecánica, electrónica, siderúrxica, téxtil, química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, editorial, do calzado e mobiliaria. Destacar que Milán é a súa provincia representan máis do 40% da industria lombarda. No terciario é importante o peso do comercio e das finanzas, en Milán ten a súa sede a [[Bolsa de valores|Bolsa]] italiana, que está entre as principais prazas financeiras europeas, e a Feira de Milán (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Fiera di Milano''). O turismo, xa sexa urbano, artístico, ou de montaña e lagos, ten un peso cada vez maior.
 
== Administración e política ==
=== Goberno ===
A política da Lombardía ten lugar nun marco dunha democracia representativa presidencial, mediante o cal o Presidente do Goberno Rexional (''Presidente della Regione'') é o xefe de goberno, e dun multi-pluriforme sistema de partidos. O [[poder executivo]] é exercido polo Goberno Rexional (''Giunta Regionale''). O [[poder lexislativo]] reside no goberno e o Consello Rexional (Consiglio Regionale).
 
O partido [[Democracia cristiá|demo-cristiá]] ''Democrazia Cristiana'' mantivo unha maioría dos votos e o goberno das máis importantes cidades e provincias até finais de [[1980]], até que na década de [[1990]], escándalos de corrupción que se estenderon dende Milán a toda Italia, xunto cos problemas causados pola inmigración e o descontento xeral cara ao goberno de Roma, que se considera que favorece excesivamente as rexións menos desenvolvidas do sur de Italia en materia económica, levou a un crecemento repentino do partido separatista da [[Lega Nord|Leiga Lombarda]]. Hoxe en día a Lombardía é un bastión de Casa delle Libertà, unha coalición na que se atopa o partido do actual presidente de República, [[Silvio Berlusconi]].
 
=== Divisións administrativas ===
A rexión está composta por doce provincias, sendo a mais poboada a de Milán e a máis extensa a de Brescia.
[[Ficheiro:Lombardy Provinces.png|dereita|400px]]
{| class="wikitable sortable"
! style="background:#CCCCFF"|Provincia
! style="background:#CCCCFF"|Area (km²)
! style="background:#CCCCFF"|Poboación
! style="background:#CCCCFF"|Densidade
|-
| [[Provincia de Bérgamo]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 2.723
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.070.060
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 392,9
|-
| [[Provincia de Brescia]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 4.784
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.223.900
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 255,8
|-
| [[Provincia de Como]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.288
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 582.736
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 452,4
|-
| [[Provincia de Cremona]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.772
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 358.628
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 202,4
|-
| [[Provincia de Lecco]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 816
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 334.059
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 409,4
|-
| [[Provincia de Lodi]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 782
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 222.223
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 284,2
|-
| [[Provincia de Mantua]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 2.339
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 407.983
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 174,4
|-
| [[Provincia de Milán]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.620
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 3.170.273
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.620
|-
| [[Provincia de Monza e Brianza]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 364
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 783.750
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 2.088
|-
| [[Provincia de Pavia]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 2.965
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 535.948
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 180,7
|-
| [[Provincia de Sondrio]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 3.212
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 181.841
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 56,6
|-
| [[Provincia de Varese]]
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 1.199
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 868.777
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 724,6
|-
|}
 
== Cultura ==
=== Linguas ===
[[Ficheiro:Segnaletica bilingue - Soncino.jpg|miniatura|Sinalización bilingüe]]
{{AP|Lingua lombarda}}
Na Lombardía, ademais do [[lingua italiana|italiano]], fálanse o ''insubre'' ou [[lingua lombarda|lombardo]] occidental nas provincias de Varese, Como, Lecco, Sondrio, Monza, Brianza, Milan e Lodi, e o ''orobico'' ou lombardo oriental nas provincias de Bérgamo e Brescia, así como no Cremasco e nos concellos do Val de San Martino na provincia de Lecco. Tamén se fala o lombardo meridional de transición co [[emiliano-romañolo|emiliano]] nas [[Provincia de Cremona|provincias de Cremona]] e [[Provincia de Mantua|Mantua]]. Estas linguas pertencen á familia lingüísticas galoitálica e son faladas en grande parte da rexión, así como en [[Suíza]] (no cantón de [[Tesino]]) e nas zonas fronteirizas da Lombardía co [[Piemonte]] e o [[Trentino-Tirol do Sur|Trentino]].
 
O uso do lombardo está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia ao contrario que nas áreas suízas, onde incluso se emiten algúns programas de radio e televisión na lingua. Ademais a máis importante institución de investigación de dialectos lombardos atópase en [[Bellinzona]], [[Suíza]], o coñecido como CDE (''Centro dei dialettologia e dei etnografía'').
 
=== Monumentos na Lombardía ===
[[Ficheiro:Santa Maria delle Grazie Milano.jpg|miniatura|Santa Maria delle Grazie]]
[[Ficheiro:Mantova-piazza sordello6.jpg|miniatura|Mantua]]
[[Ficheiro:Crespi panorama.jpg|miniatura|Crespi d'Adda]]
[[Ficheiro:Milan Cathedral from Piazza del Duomo.jpg|miniatura|Duomo de Milán]]
[[Ficheiro:Rosa camuna R2-3 - Carpene - Sellero (Foto Luca Giarelli).jpg|miniatura|A ''rosa camuna'', símbolo da Lombardía]]
Cinco monumentos da Lombardía están inscritos dentro da lista de [[Patrimonio da Humanidade]] da [[UNESCO]].
 
* [[Santa Maria delle Grazie]] coa [[A Última Cea (Leonardo da Vinci)|Última Cea]] de [[Leonardo da Vinci]].
Santa Maria delle Grazie é unha igrexa e convento dominico que se atopa en Milán, famoso por estar decorado co famoso mural de Leonardo da Vinci "A última cea". Foi inscrito na lista en [[1980]]
 
* [[Crespi d'Adda]]
Crespi d'Adda é unha vila obreira (''villaggio operaio'') modelo do [[século XIX]] na provincia de Bérgamo á beira esquerda do río Adda. É o exemplo máis interesante en Italia do fenómeno dos barrios obreiros ou vilas para os traballadores. Quedou perfectamente conservado (en particular o seu esquema urbano e a súa aparencia arquitectónica aínda están inalteradas) e constitúe un dos máis completos e orixinais logros do mundo. Está inscrito dende [[1995]].
 
* [[Arte rupestre de Val Camonica]]
Son un conxunto de preto de 300.000 petróglifos sobre roca arenisca de gran moi fino que constitúen a colección máis ampla de arte rupestre de toda Europa. Representan un testemuño extraordinario da civilización dos habitantes da Valcamonica dende o Paleolítico Superior até a século XIX. A súa importancia débese ao feito de que representa o testemuño de 10.000 anos de historia, 8.000 dos cales precedentes ao xurdir de Roma. Forman parte da lista dende [[1979]].
 
* [[Sacri Monti do Piemonte e a Lombardía]]
Incluídos na lista do Patrimonio Mundial en [[2003]], son unha serie de capelas e de outros elementos arquitectónicos realizados entre finais do [[século XV]] e finais do [[século XVII|XVII]], consagrados a varios aspectos da fe cristiá. Ademais do seu significado relixioso simbólico, son tamén dunha grande beleza grazas á hábil integración dos elementos arquitectónicos nas paisaxes naturais rodeadas de outeiros, fragas e lagos. Conteñen tamén obras de arte moi importantes baixo forma de frescos e de estatuas.
 
* [[Mantua e Sabbioneta]]
No ano [[2008]] as cidades de Mantua e Sabbioneta (a uns 35 km da capital provincial) foron inscrita como lugar Patrimonio da Humanidade por representar ámbolos dous aspectos diferentes do plan urbanístico do Renacemento. En concreto, Mantua mostra a renovación e a extensión dunha cidade preexistente, cun esquema irregular con partes regulares que mostran as diferentes etapas do seu crecemento, dende a época dos romanos, até o Renacemento, pasando pola Idade Media.
 
Ademais dos incluídos na lista da UNESCO outros moitos monumentos de sona mundial pódense atopar dentro desta rexión:
 
* [[Duomo de Milán]]
A catedral gótica emprazada na capital da rexión é un templo de grandes dimensións, sendo a cuarta catedral católica romana máis grande do mundo. Ten 157 metros de longo e pode albergar 40.000 persoas no seu interior. As xanelas maiores do coro teñen a reputación de ser as maiores do mundo.
 
* [[Castelo Sforzesco]]
É un castelo que se atopa en Milán e que actualmente alberga un museo de arte. A construción orixinal no lugar comezou no século XIV, sendo reconstruído en [[1450]] por Francisco Sforza, e sucesivamente modificado por xeracións posteriores.
 
* [[Teatro alla Scala]]
El Teatro alla Scala (tamén coñecido como La Scala) de Milán, é un dos teatros de ópera máis famosos del mundo. Neste teatro estrearonse moitas operas famosas, mantendo unha relación moi especial co compositor [[Giuseppe Verdi]]. O tetro ten en total 3.000 asentos distribuídos en 678 postos.
 
=== Símbolos ===
O símbolo da rexión é unha ''rosa camuna'' sobre un campo verde. Este [[símbolo]] é o motivo principal da súa bandeira e refírese a un pobo que marcou o inicio da historia da Lombardía, os Camuni. A utilización do símbolo e do logo que con el se forma está regulamentado por lei, a cal estabelece as súas características e as variedades do seu uso. A bandeira branca cunha cruz vermella dividíndoa é tamén amplamente utilizada na Lombardía. O lema do goberno rexional é ''Unha rexión para facer''.
 
=== Deportes ===
[[Ficheiro:Reginaldo Favalli.jpg|miniatura|Partido do AC Milan]]
A Lombardía é unha das rexións europeas con equipos que máis vitorias alcanzaron no que a deporte se refire, conquistando os máximos trofeos continentais en diferentes disciplinas tanto en competicións masculinas como femininas. Por exemplo a nivel europeo os equipos lombardos conseguiron os seguintes galardóns:
* 9 copas de fútbol ([[A.C. Milan]] e [[Inter de Milán]]), ademais destes dous clubs destacan o Atalanta ou o Brescia Calcio.
* 13 copas de baloncesto (Varese, Olimpia Milano, Cantù, Sesto San Giovanni e Como)
* 4 copas de hóckey (Diavoli Milano e Inter Milano)
* 4 copas de fútbol americano (Lions Bergamo e Frogs Legnano)
* 3 copas de béisbol (Milano)
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Longobardos]]
* [[Lingua lombarda]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.regione.lombardia.it/ Sitio web oficial da Lombardía]
* [http://www.turismo.regione.lombardia.it Sitio web oficial de turismo]
* [http://www.lombardiacultura.it/ Páxina cultural lombarda]
 
{{RexiónsdeItalia}}
 
[[Categoría:Rexións de Italia]]