Piemonte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 52:
O [[río Po]] atravesa a chaira homónima. As principais zonas de baixa montaña son o Canavese (no noroeste), as Langas e o Roero (ao sudoeste) e o Monferrato (ao sur). Tamén conta con numerosos lagos alpinos de orixe glaciar. O lago Maggiore, un dos lagos máis grandes de Italia, marca o límite ao leste coa Lombardía, xunto co seu emisario, o río [[Ticino]].
 
As altas montañas de máis de 3.000 metros descenden rápido ás chairas, formándose ao pé das rochas amplas extensións de bosque, de aí ven o nome da rexión do Piemonte (''al piede dei monti'': ao pé dos montes). Os vales da rexión están fortemente marcados pola actividade humana, atopándose importantes vías de comunicación internacionais por estrada e infraestruturas ferroviarias de primeiro nivel. Nos vales menores pódense encontrar encoros, centrais hidroeléctricas e centros turísticos.
 
Nalgúns vales aínda se dá a agricultura con cultivos de cereais, forraxe e froitas, aínda que na área de Turín a paisaxe típica é a industrial. Integramente obra do home e froito dun traballo secular é a paisaxe dos arrozais nas chairas das provincias de [[Vercelli]] e de [[Novara]]. O arroz comparte protagonismo con outros cereais e a forraxe.