Kepa Junkera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1965 mediante HotCat
Liña 25:
 
==Confirmación==
O seu traballo ''Bilbao 00.00 h'' (1998) convertiuseconverteuse nun fito polas vendas logradas desde un selo independienteindependente como ''Resistencia''. Ademais, obrigouno a coller a maleta semana si e semana non. É un disco dobre no que profesa o seu amor á cidade natal. "Bilbao..." é o disco da expansión internacional de Kepa nunha dobre vertente: a comercial e a artística. O álbumeálbum, que incluía o popeiro "Del Hierro a Madagascar", cantado por [[Pedro Guerra]], supón, ademais do seu salto definitivo á "world music", unha aperta solidaria e enriquecedora ós sons de medio mundo, de Canarias ó Mediterráneo, Québec, Centroeuropa, África, Portugal, Galicia, Irlanda...
 
Junkera puxo Bilbao no mapa nunha labor de promoción só comparable á realizada polo [[Museo Guggenheim Bilbao]]. A súa proxección continuou co traballo posterior, ''Maren'' (2001), dedicado a unha das súas fillas, xa gravado xunto a unha multinacional e que supuxo a confirmación internacional grazas ó ritmo contaxioso de cancións como "Bok-Espok" e "Ny Hirahira", onde o vasco alíase cos aires folk de Armenia, Bulgaria ou Albania. Con dous Discos de Ouro nas alforxas e unha nominaciónnomeamento ós Latin Grammy Awards en 2002 por ''Maren'', Kepa empeza a ter o seu punto de residencia entre Biscaia e os hoteles de medio mundo. Calquera festival de world music dos cinco continentes que se precieprece seguro que contou con Junkera nos últimos anos, máis aínda trala edición de ''K'' (2003), disco en directo gravado no Teatro Arriaga, xunto ós seus amigos, que resume case dúas décadas de inquetainqueda actividade musical e que lle reportou o ''Grammy Latino ó Mellor Álbume Folk'', e que lle permitiu publicar o primeiro DVD da súa carreira. O seu último disco é ''Hiri'' (2006), un novo xiro de torca, e viaxe incansable por varias cidades do mundo, pero que non fixo máis que comezar.
 
A música de Kepa foi usada pola Compañía Nacional de Danza para unha coreografía realizada polo seu director, [[Nacho Duato]]; o Museo do Viño de [[Olite]] nas súas visitas guiadas; múltiples cuñas de Radio Euskadi, ou en discos seleccionados por [[Pedro Almodóvar]]. Conta tamén cunha discografía compartida na que destacan os seus dúos co seu bo amigo [[Ibon Koteron]], co que gravou dous discos de recuperación do son ancestral da [[alboka]], o imprescindible ''Leonen Orroak'' (1996) e o máis recente ''Airea'' (2004), onde aportou a súa labor como compositor, intérprete e produtor, tarefa esta última na que cobrou recoñecemento en traballos de Oskorri e no lanzamento do dúo de txalapartaris que o acompañan en directo nos últimos anos, [[Oreka TX]], co seu disco ''Quercus Endorphina''.