Vila romana de Toralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 37:
== Toralla ==
{{AP|Toralla}}
A ''villa'' de Toralla construíuse nun pequeno cabo que separa as praias do Vao e a de Canido, daquela unido á illa de Toralla por unha barra de area ( de aí o nome de [[Vao (pasaxe)|vao]]). Habitouse entre o 300 e 450 d.C., momento final do [[imperio romano]], no que as ''villae'' terán un bo crecemento, tanto na [[Gallaecia]] coma nas demais provincias do imperio. A illa estivo poboada antes de que existise a ''villa'', pois hai restos dun [[Castro (poboado)|castro]] prerromano que sería abandonado contra o século I d.C. Atopáronse tamén restos dun [[cemiterio]] romano, quizais o dos habitantes da ''villa''.
 
A illa crese que pertenceu á Igrexa durante séculos, até o século XIX, no século XX construíuse a ponte, unha urbanización, e unha torre de vivendas, destruíndo parte dos xacementos da illa.