Igrexa católica etíope: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
 
===Xerarquía===
[[Ficheiro:Berhaneyesus Demerew Souraphiel with Luigi Mazzucato.jpg|thumb|right|300px|Mons. [[Berhaneyesus Souraphiel]], [[arquidiocese de Adís Abeba|Arcebispo Metropolitano de Adís Abeba]].]]
A maior autoridade desta Igrexa é o [[arquieparquía de Adís Abeba|arcebispo metropolitano de Adís Abeba]], cargo que dende xullo de [[1999]] ocupa o [[Abuna]] [[Berhaneyesus Souraphiel]] [[Congregación da Misión|CM]]. Por enriba del tan só está o [[Papa]], segundo dispón o canon 43 do [[CCEO]].<ref>[http://www.vatican.va/holy_father/john_paul_ii/apost_constitutions/documents/hf_jp-ii_apc_19901018_codex-can-eccl-orient-1_lt.html#TITULUS_III CCEO, can. 43] {{la}}.</ref>
 
===Demografía===
Os fieis da Igrexa Católica Etíope son unha pequena parte dos [[relixión en Etiopía|cristiáns etíopes]], pertencendo a maioría deles á [[Igrexa Ortodoxa Etíope]]. A situación é semellante en [[Eritrea]], coa maioría dos cristiáns seguindo á [[Igrexa Eritrea Tewahedo]]. Tamén hai certo número de fieis [[emigración|emigrados]] aos países do [[Medio Oriente]],<ref>[http://fr.radiovaticana.va/news/2010/10/14/intervention_de_mgr_berhaneyesus_demerew_souraphiel,_pr%C3%A9sident_d/fr1-430477 Intervention de Mgr Berhaneyesus Demerew SOURAPHIEL, Président du Conseil de l'Église Éthiopienne, Président de la Conférence épiscopale (Éthiopie et Érythrée) (ÉTHIOPIE)], {{fr}}.</ref> e existen minorías en [[Somalia]] e [[Xerusalén]]. En total, os fieis católicos etíopes (sen contar aos de [[Igrexa Católica Latina|rito latino]]) son arredor de 200.000<ref>[http://www.ewtn.com/expert/answers/catholic_rites_and_churches.htm Catholic Rites and Churches], [[EWTN]], {{en}}.</ref>, sendo o dato do ''[[Annuario Pontificio]]'' de [[2010]] de 230.000 membros.<ref name="cnewa">[http://www.cnewa.org/source-images/Roberson-eastcath-statistics/eastcatholic-stat10.pdf The Eastern Catholic Churches 2010], Ronald Roberson (fonte: Annuario Pontificio), 22 de agosto de 2010, ''Catholic Near East Welfare Association''. {{en}}</ref>