Estadio Anxo Carro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 26:
No ano [[2001]] o estadio foi remodelado e modernizado,<ref>[http://www.miliarium.com/anci/ANCInforma/ANCInforma01.pdf ACNInforma. Remodelación do Estadio Anxo Carro de Lugo]</ref> xa que se atopaba nun estado de semi-ruína e desmellorado por sucesivas obras sen moita planificación. O proxecto de mellora foi deseñado polos [[arquitecto]]s José Arias, Santiago Catalán e Eduardo Herráez, que levaron a cabo unha remodelación das tres bancadas existentes, con cadeiras para tódolos seareiros, da planta baixa e creáronse novas fachadas, entre outras reformas. Co novo aspecto o estadio gañaba en instalacións, superiores á media da categoría na que militaba o equipo no momento ([[Segunda División B española|Segunda B]]) mais perdía en capacidade, descendendo esta a 4.800 espectadores. O [[3 de xaneiro]] de [[2007]] disputouse a final da [[Copa Xunta de Galicia 2006]], que enfrontou ao [[CD Lugo]] e ao [[Celta de Vigo]] (2-3).
 
En [[2013]], tralo ascenso á [[Segunda División española|Segunda División]] do Lugo, será colocada por vez primeira o [[8 de xuño]] unha grada supletoria con capacidade para 2.292 espectadores no fondo para recibir á [[SD Ponferradina|Ponferradina]]. No verán dese mesmo ano, o estadio será reformado para cubir a maioría do asentos e aumentar a grada de tribuna, conseguindo xunto coa grada supletoria unha capacidade próxima aos 8.000 espectadores.
 
==Notas==