Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 91:
===Apollo 11. Saturn V. AS-506===
{{AP|Apollo 11}}
[[Ficheiro:Apollo11_LOGOApollo11logo.JPGjpg|dereita|250px]]
A nave Apollo 11 despegou ás 9:32:00 do mércores [[16 de xullo]] de 1969, dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy en [[Florida]]. Unha vez na órbita lunar, (de 186 por 183 km) Edwin E. Aldrin (piloto do CSM) e [[Neil Armstrong|Neil A. Armstrong]] (comandante) trasladáronse ó módulo lunar. Michael Collins (piloto do módulo lunar) permaneceu na órbita lunar pilotando o módulo de control despois da separación, e apoiando as manobras do módulo lunar. Este último descendeu á Lúa e pousouse sobre a súa superficie o 20 de xullo, no [[mar da Tranquilidade]] (71º N e 23º 38' E), enviouse a seguinte mensaxe a Terra ''“Houston, aquí Base Tranquilidade. A Aguia aluou”''. Horas máis tarde, Armstrong descendeu por unha escaleiriña co seu traxe espacial e puxo o seu pé sobre a [[Lúa]]. As súas primeiras palabras foron ''"este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade"''. Pronto seguiulle Aldrin e ambos os dous astronautas camiñaron durante máis de dúas horas pola Lúa. As tarefas de carácter científico máis importantes realizadas durante as misións foron a recollida de 21 kg de mostras do solo, toma fotografías e colocación dun artefacto para detectar e medi-lo vento solar, un reflector de raios láser e un [[sismógrafo]]. Armstrong e Aldrin cravaron no solo a [[bandeira dos Estados Unidos]] e falaron por radio co presidente [[Richard Nixon|Richard M. Nixon]] na [[Casa Branca]].