Fortaleza do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Toliño (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 1:
{{Coordenadas||||N||||W|display=title}}
{{Castelo|O Castro|CastroFortress.jpg|Vigo|Provincia de Pontevedra|Galicia|renacemento|século XVI|Renacemento<br />Neoclásico|[[século XVI]]<br />[[século XVIII]]|Xardín-Miradoiro|Galicia}}
 
A '''fortaleza do Castro ''' é un [[Castelo (fortificación)|forte]] ergueito no alto do [[monte do Castro]], na cidade de [[Vigo]]. A fortaleza actual data do [[século XVI]], e formaba parte, xunto co [[Fortaleza de San Sebastián|Castelo de San Sebastián]] e as desaparecidas murallas da cidade, dunha rede estratéxica de castelos para a defensa da cidade.
 
== Historia ==
[[FileFicheiro:Parque do Castro.jpg|right|250px|thumb|Xardíns na parte alta e miradoiro.]]
[[FileFicheiro:CastroFortress4.jpg|right|250px|thumb| [[Cruceiro]] no interior do forte.]]
No lugar no que se atopa o que hoxe é unha fortaleza, ergueuse o Castelo do Castro, que formaba parte do sistema defensivo da cidade. Construíuse na [[Idade Media]]ao mesmo tempo que a [[Fortaleza de San Sebastián]] e mais a fortaleza que unía ambas as fortificacións.
 
A fortaleza do Castro estaba formada por tres recintos amurallados. Na actualidade só se conserva o primeiro recinto e parte do segundo; o terceiro, que sería a [[muralla]] da cidade, desapareceu na súa totalidade. O primeiro recinto é a fortaleza que coroa o cumio do Castro, agora convertida en miradoiro. O segundo recinto é a fortaleza de San Sebastián, na actualidade ocupado pola praza do Rei e a casa consistorial. Atopáronse pasadizos e túneles que comunicaban os castelos entre si e coa cidade.
 
Os proxecto de fortificar Vigo remóntanse ao [[século XVI]], por mor dos frecuentes ataques que sufría a cidade, especialmente por parte dos [[Inglaterra|ingleses]]. Pero non foi até 1665, en plena guerra con [[Portugal]], cando se iniciaron os traballos de fortificación. É, pois, da mesma época que a [[fortaleza de San Lourenzo]], situada en [[Goián, Tomiño|Goián]], na beira do [[Río Miño|Miño]].
 
A muralla construída é irregular por mor á orografía aberta por varias portas e defendida por tres [[baluarte]]s. Na parte máis alta atopábase o forte de San Sebastián. Tras o asedio de 1665, o capitán xeneral de Galicia ordena completar as obras, e foi logo, en 1666 cando o coronel e enxeñeiro Fernando de Gourannanbergue e mais o mestre de campo Diego Arias Taboada elaboran un intenso plan de fortificación e unión das fortalezas do Castro e de San Sebastián. A xulgar polos escritos da época a cidade nunca quedou ben defendida, pois a fortaleza se encontraba relativamente lonxe do mar e non podía deter os desembarcos. Ademais era doado acadar o cumio sen que o inimigo estivese descuberto. Logo de tres anos rematou a guerra con Portugal e as murallas perderon a súa importancia.
 
Despois de varios intentos de as mellorar, Vigo sofre a sonada [[Batalla de Rande]] (23-24 de outubro de 1702) en plena [[guerra de Sucesión]], onde os invasores desembarcaron e saquearon novamente a vila. Despois disto houbo varios intentos inútiles de fortificación da vila. Cen anos despois, en 1809, o castelo do Castro volve ser protagonista debido á invasión dos franceses encabezada por [[Napoleón Bonaparte]], onde el 28 de marzo, a fortaleza é reconquistada polos vigueses tras unha dura e heroica batalla, trala cal os franceses se renden. A vila dende entón pasa a ter o título de "Fiel, Leal e Valorosa".
 
Dise que dende a fortaleza partían varios túneles que comunicaban con distintos puntos da cidade, como co castelo de San Sebastián, o centro histórico e incluso se conta que co [[Monte da Guía]] situado a macis de 3 quilómetros, pouco antes do [[estreito de Rande]]. Aínda se poden ver restos na fortaleza de San Sebastián e hai poucos anos se atoparon restos deles na achegada rúa de Celso Emilio Ferreiro. A carón das murallas do castelo do Castro, até non hai moito tempo, era perfectamente visíbel a entrada dun destes túneles, onde se conta que se practicaron execucións durante a [[Guerra Civil Española]].
 
== Características ==
A fortaleza ten forma poligonal e está construída en fábrica de [[perpiaño]] de [[granito]]. Hoxe en día atópase aberta ao público, integrada no [[Monte do Castro|parque do Castro]] e completamente [[Xardín|axardinada]] tanto exterior coma interiormente. Dentro atopamos unha ruta botánica con especies exóticas de interese, varias esculturas, un [[cruceiro]], e na parte alta o [[miradoiro]] á [[Ría de Vigo|ría]] e un xardín formal coa [[Fonte (arquitectura)|fonte]] e a escultura en honra ao “Empuxe Vigués" de 1969, obra de [[Camilo Nogueira Martínez]].
 
A fortaleza atópase baixo a protección de Declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español.
 
==Notas==
{{referenciasReferencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*[[Monte do Castro]]
*[[Castro de Vigo]]
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://hoxe.vigo.org/movemonos/np_castrelos.php?lang=gal Información do parque na Web do Concello de Vigo]
*[http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=26726&ctre=1143&cidi=G%20Parque%20do%20Castro Web de Turgalicia]
*[http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/VIGO/Monte%20del%20Castro.html Información do monte na Web de Galicia Máxica]
 
=== Outros artigos ===
*[[Monte do Castro]]
*[[Castro de Vigo]]
[[Categoría:O Castro de Vigo]]
[[Categoría:Castelos e fortalezas de Galicia]]