Comuna de París: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 53 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q133132
narbonne -> narbona
Liña 43:
Unha grande axuda tamén veu dende a comunidade estranxeira de refuxiados e exiliados políticos en París: un deles, o polaco ex-oficial e nacionalista Jaroslaw Dombrowski, converteuse no mellor xeneral da Comuna. O Concilio estaba fortemente influenciado polo internacionalismo, polo que a [[Columna Vendôme]], que celebraba as vitorias de [[Napoleón]] e era considerada pola Comuna coma un monumento ao [[Chovinismo]], foi derrubada.
No estranxeiro, había moitas reunións e mensaxes de boa vontade enviadas por sindicatos e organizacións socialistas, incluíndo algúns na Alemaña. Pero as esperanzas de obteren axuda concreta doutras cidades da Francia foron axiña abandonadas. Thiers e os seus ministros en Versalles tentaron evitar que saíse de París case toda a información; e nos sectores provinciais e rurais da Francia existira sempre unha actitude escéptica cara ás actividades da metrópolis. Os movementos en [[NarbonneNarbona]], [[Limoges]] e [[Marsella]] foron rapidamente esmagados.
 
Mentres a situación deteriorábase, unha sección do Concilio gañou unha votación (á que se opoñía Eugène Varlin -un corresponsal de [[Karl Marx]]- e outros moderados) para crear un «Comité de Salvación Pública», modelado á imaxe do órgano [[xacobino]] do mesmo nome formado en [[1792]]. Os seus poderes eran extensos e despiadados. Pero xa case pasara a hora na que unha autoridade central forte podía axudar.