Parque de Castrelos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 54:
Fóra do recinto [[Muralla|amurallado]] e [[Amea|ameado]] do pazo, o parque ten, polo xeral un deseño máis informal e [[Paisaxismo|paisaxístico]], coma se fose un bosque.
 
Ademais dun auditorio, achamos un gran parque infantil e un paseo que vai pola beira do Lagares vencellado á práctica de deportes. Toda esta zona arborada inclúe diferentes especies botánicas, principalmente follosas [[Caducifolio|caducifolias]], tendo ao [[plátano común|plátano]] (''Platanus x hispanica'') como especie principal, algúns exemplares vellos acadan grandes alturas. Tamén atopamos [[carpe]]s, [[faia]]s, [[pradairo]]s, [[Acacia negra|acacia]]s, [[lamigueiro]]s, [[magnolia]]s, [[cedro]]s, [[tileiro]]s, [[bidueiro]]s, e multitude de arbustos ornamentais. Preto do río Lagares hai unha pequena zona con [[eucalipto azul|eucaliptos]] e algúns [[carballo común|carballos]] e na beira do mesmo río [[salgueiro chorón|salgueiros choróns]] e [[amieiro]]s. Destacan tamén os híbridos de plataneiros, os [[Castiñeiro de Indias|castiñeiros de indias]] ou [[sequoia]]s que poñen o teito do parque nesta zona chá por riba dos 30 metros. Varias das súas árbores figuran no [[Catálogo de árboresÁrbores senlleirasSenlleiras de Galicia]], elaborado pola [[Xunta de Galiza]].
 
Nos anos 90 do [[século XX]] no que outrora fora unha zona boscosa, lamacenta e chea de brañas achegada á avenida de Castrelos arranxouse e se deseñou un encoro con grande acerto paisaxístico, coma hábitat de aves acuáticas. Esta zona inclúe ademais de diferentes [[Planta acuática|especies acuáticas]] ([[tapadeira]]s, [[alcipreste dos illós]]...) outras especies arbóreas e arbustivas de importancia. O lago artificial está construído a diferentes niveis, con pequenas [[fervenza]]s e chorros de auga. Unha ponte en medio da lagoa permite atravesala. Existe a posibilidade de realizar espectáculos de luz e son sincronizados co movemento da auga. Viven e conviven nel diferentes especies acuáticas: cisnes, parrulos, ocas, etc.