Diferenzas entre revisións de «Pradairo xaponés»

m (Nachonion moveu a páxina "Acer palmatum" a "Pradairo xaponés": Preferencia do uso de nomes comúns)
 
=== [[Cultivar]]es ===
Sobre 1.000 cultivares foron elixidos por características particulares, e poden só ser [[propagación vexetativa|propagados]] por [[Enxerto (agricultura)|enxerto]]. Algúns deses non están en cultivo no [[Hemisferio Occidental]] ou se perderon por xeracións, mais moitos novos cultivares se desenvolven cada década.<ref name="gelderen" /> Os cultivares elíxense por aspectos [[fenotipo|fenotípicos]] como forma e tamaño de follas (suave a profundamente lobuladas, algúns palmados), cor da folla (de clarísima a verde escura ou de vermella a púrpura negra, ou [[variegación|variegadas]] con diversos patróns de branco e rosa), textura e cor da casca, e patróns de crecemento. Algúns cultivares son árbores fortes e máis grandes e sólidas ou vizosas que a propia propia especie. Moitos son [[arbusto]]s que raramente acadan 5 [[dm]] en altura. Uns poucos e moi delicados [[cultivar]]es medran tipicamente en vasos e non chegan a máis de 3 [[dm]]. Algúns dos cultivares máis deformes ou ananos son froito de [[mutación]]s ou foron [[selección artificial|artificialmente seleccionadas]] sobre moitas xeracións.<ref name="gelderen" />
 
Moitos cultivares teñen características prominentes durante diferentes estacións do ano, incluíndo cor de novas ou vellas follas, cor no verán extraordinaria, cor e forma de samaras, ou incluso da casca, que se converte en máis brillante durante o inverno.
21.426

edicións