Ovocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
==Terminoloxía==
Os termos ovo e célula ovo, ovocito e óvulo utilízanse ás veces con certa ambiguidade. Os ovocitos primarios e secundarios son denominados ás veces ovos ou células ovo inmaduras (aínda que só é haploide o secundario, polo que lle corresponde mellor a este último o termo). Os óvulos son ovos ou células ovo maduras ou ovocitos maduros nos que a meiose se completou totalmente (téñase en conta que o ovocito secundario humano permanece detido na metafase II meiótica ata que se produce a fecundación, e só no momento da fecundación completa o seu desenvolvemento; en realidade cando o ovario dunha muller [[ovulación|ovula]] dicimos que solta un óvulo, pero este en realidade é un ovocito secundario no estado que foi indicado, e o espermatozoide comeza a fertilización fusionándose con ese ovocito secundario). Os cigotos son ovos ou células ovo fecundadas cos pronúcleos masculinos e femininos fusionados. Na meiose II e diferenciación desde ovocito secundario a óvulo fálase dunha fase intermedia chamada ovátida, pero esta dura poucos minutos e menciónase máis ben para facer un paralelismo coas espermátidas masculinas (que duran máis) e poder comparar así as fases da [[ovoxénese]] e da [[espermatoxénese]].
 
==Formación==