Abadía de Montecassino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 15 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q154372
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 10:
Como ocorría a miúdo cos primeiras institucións [[Cristianismo|cristiás]], o mosteiro foi situado nunha antiga construción pagá, un templo de Apolo que coroaba o outeiro, rodeada por un muro fortificado por riba da pequena cidade de Cassino, aínda en gran parte pagá por aquel entón, e que fora asolada había pouco polos [[godos]]. O primeiro que fixo Bieito foi esnaquizar a escultura de Apolo e destruír o altar. Volveu a dedicar o lugar a [[Xoán o Bautista]]. Unha vez que se estableceu alí, Bieito xamais o abandonou. En Monte Cassino escribiu a [[Regra de San Bieito]], a cal se converteu no principio fundador para a práctica monástica en occidente. En Monte Cassino recibiu a visita de [[Totila]], rei dos ostrogodos, no ano [[580]] (a única data histórica segura para Bieito), e alí morreu.
 
Monte Cassino converteuse nun modelo para futuros desenvolvementos. Desafortunadamente pola súa situación protexida foi sempre un importante lugar estratéxico. Foi saqueada ou destruída varias veces. No ano [[584]] os [[longobardos]] saquearon a abadía, e os monxes superviventes fuxiron a Roma, onde permaneceron durante máis dun século. Durante este tempo o corpo de San Bieito foi trasladado a Fleury, o actual [[Saint-Benoit-sur-Loire]] próxima a Orleans, Francia. Un período florecente de Monte Cassino seguiu ao seu restablecemento no ano [[718]], cando entre os monxes estivo [[Carlomán, fillo de Carlos Martel|Carlomán]], fillo de [[Carlos Martel]]; [[Ratchis]], antecesor do gran duque longobardo e rei [[Aistolfo]]; e [[Paulo Diácono]], o historiador dos longobardos. No ano [[744]], unha doazón de [[Xisulfo II de Benevento]] creou a ''Terra Sancti Benedicti'' (a terra do santo Bieito), as terras seculares de xurisdición da abadía, as cales estaban suxeitas ao abade e a ninguén máis agás o papa. Deste modo, o mosteiro converteuse na capital dun estado que comprendía unha rexión compacta e estratéxica entre o longobardo [[Ducado de Benevento|principado de Benevento]] e as cidades-estado gregas da costa, os ducados de [[Ducado de Nápoles|Nápoles]], [[Ducado de Gaeta|Gaeta]] e [[Ducado de Amalfi|Amalfi]], todos eles aparecidos como provincias (''temas'') de orixe bizantina. No ano [[883]] os [[sarracenos]] saquearon e incendiaron a abadía. Entre os grandes historiadores que traballaron no mosteiro, neste período, están [[Erchemperto]], autor da ''[[Historia Langobardorum Beneventanorum]]'' a cal é unha crónica fundamental do [[Mezzogiorno]] do século noveno.
 
=== Século XI ===