Federación de Guerrillas de León-Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3392231
Sen resumo de edición
Liña 7:
Ata 1944 a Federación de Guerrillas de León-Galicia mantívose illada dos partidos e sindicatos antifranquistas, tanto do interior como do exterior, creando a súa propia liña política. Deuse o paradoxo de que os principais dirixentes eran socialistas, a pesar de que o PSOE como tal non apoiaba a loita guerrilleira.
 
A Federación actuaba no oeste de [[Provincia de León|León]] ([[O Bierzo]], [[Laciana]], [[Cabrera]], [[Maragatería]]), norte de [[Provincia de Zamora|Zamora]] ([[SanabriaSeabra]]), este de [[Provincia de Ourense|Ourense]] ([[Viana do Bolo]], [[A Pobra de Trives]], [[O Barco de Valdeorras]]) e sueste de [[Provincia de Lugo|Lugo]] ([[A Fonsagrada]], [[Becerreá]] e [[Quiroga]]).
 
Desvinculados dos partidos e sen axuda externa, os guerrilleiros vivían do que lles daban os seus enlaces e, sobre todo, dos golpes económicos, executados sempre contra persoas afíns ao réxime franquista, e cuxo resultado destinábase normalmente á compra de armamento no mercado negro de [[Portugal]]. A guerrilla tamén daba charlas políticas entrando por sorpresa nas aldeas, e facía abundantes sabotaxes contra os vehículos de liña e o tendido eléctrico.