Clonación: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
== Clonación de organismos de maneira artificial ==
É unha técnica baseada na transferencia nuclear, na que participan dúas células: a que dona o seu material xenético e a que o acepta. Esta última adoita ser un [[ovocito]] ao que se lle extraeron os seus cromosomas que se atopan no citoplasma (xa que aínda está en meiose II). Logo, mediante electrochoques fusiónase o ovocito coa célula que contén o material xenético do individuo que se quere clonar, ademais estes mesmos electrochoques son os que estimulan a célula formada para que se desenvolva, polo que despois se lle insire esta célula no útero dunha femia para darlle un ambiente axeitado para o seu desenvolvemento.
Interprétase coa hipótese de que o citoplasma do ovocito receptor contén todos os elementos (factores de transcrición e RNA) para diferenciar ao núcleo doado e reorientar o control xenético para o desenvolvemento dun novo organismo.
|