Pan American World Airways: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Básico de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2013 ás 10:23

Pan American World Airways, comunmente coñecida como Pan Am, foi a principal e máis grande aeroliña internacional dos Estados Unidos dende 1927 ata o seu colapso o 4 de decembro de 1991. Fundada en 1927 como un servizo regular de correo e pasaxeiros operando entre Key West, Florida e La Habana, a compañía converteuse nunha importante empresa grazas a importantes innovacións que deron forma á industria aeronáutica internacional, como o uso xeralizado dos reactores e os sistemas computerizados de reservas. Tamén foi membro fundador da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA), a asociación mundial da industria aérea. Identificada polo seu logo do globo azul, o uso da palabra "Clipper" nos nomes dos avións e nos seus inicativos, e as grras brancas dos seus pilotos, a aeroliña foi unha icona cultural do século XX. Nunha época dominada polas aeroliñas nacionais que eran propiedade, ou case, dos gobernos, foi tamén a aeroliña nacional non oficial dos Estados Unidos. Durante a meirande parte da era dos reactores, a principal terminal da Pan Am foi a Worldport situada no aeroporto internacional John F. Kennedy en Nova York.

Pan American World Airways
IATA
PA
OACI
PAA
Indicativo
CLIPPER
Fundación14 de marzo de 1927 (como Pan American Airways (PAA))
Inicio das operacións19 de outubro de 1927
Fin das operacións4 de decembro de 1991
Plan de voo frecuenteWorldPass
SubsidiariasPan Am Express (1987-1991)
HoldingPan Am Corporation