Lisboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 24:
'''Lisboa''' é a [[capital]] e maior cidade de [[Portugal]], situada na foz do [[río Texo]]. Alén diso é tamén capital do [[distrito de Lisboa]], da [[rexión de Lisboa]], da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da [[Grande Lisboa]]. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
 
A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A [[densidade de poboación|densidade demográfica]] sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de [[Odivelas]] e [[Loures]], ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola [[Amadora]] e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe Sur: [[Almada]], [[Seixal]], [[Barreiro, Portugal|Barreiro]], [[Moita]], [[Montijo]] e [[Alcochete]].
 
== Monumentos ==