Diferenzas entre revisións de «Ite»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3397918)
 
==Historia==
Ith zarpa con tres barcos e trinta homes cara as terras que veuvíu, co consello de [[Breogán]] de que non debe descabalgar do seu cabalo en canto dure a viaxe. Fai escala nas illas [[Casitérides]], onde algúns amigos se unen á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama ''Eirín'' ([[Irlanda]]), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino do seu pai.
 
A expedición atópase cunha terrible guerra fraticida entre tres irmáns: [[Mac Cuill]], [[Mac Grené]] e [[Mac Crech]] pola sucesión do trono do seu pai, [[Neith]]. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos que el e non estaban dispostos a compartiren o trono.
Usuario anónimo