Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado información tirada da es.wiki
Liña 24:
'''Peter Paul Rubens''', nado o [[28 de xuño]] de [[1577]] e finado o [[30 de maio]] de [[1640]], foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do [[século XVII]]; as súas obras zumegan un estilo [[barroco]] exuberante que enfatiza o [[movemento]], a [[cor]] e a [[sensualidade]]. As súas principais influencias procedían da [[arte grega|arte da Antiga Grecia]], a Antiga Roma e a [[Renacemento|pintura renacentista]], en especial [[Leonardo da Vinci]], [[Tiziano]] e [[Miguel Anxo]], do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de [[Tema artístico|temas pictóricos]]: [[Relixión|relixiosos]], [[Historia|históricos]], de [[mitoloxía grega|mitoloxía clásica]], escenas de caza, paisaxes, [[retrato]]s, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para [[tapiz|tapices]].<ref>{{cita web |url=http://www.elcultural.es/version_papel/ARTE/8501/Rubens_y_los_tapices_de_la_historia_de_Aquiles |título=Rubens e os tapices da historia de Aquiles |dataacceso=3 de xaneiro de 2013 |data=18 de decembro de 2003 |editorial=[[El Cultural]]}}</ref> Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus.<ref>{{cita web |url=http://www.museodelprado.es/exposiciones/info/en-el-museo/rubens/la-exposicion/rubens/ |título=Rubens |dataacceso= 1 de setembro de 2011 |autor=Vergara, Alejandro |data=[[2010]] |editorial=[[Museo do Prado]]}}</ref> Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea.<ref name=Rubens>Historia Universal del Arte, Volumen XII (1984)</ref> Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, [[Jacob Jordaens]], [[Gaspar de Crayer]], [[Theodor van Thulden]], [[Erasmus Quellinus II|Erasmus Quellinus o Novo]], [[Cornelis de Vos]] e [[Anton van Dyck]], que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en [[Madrid]].<ref>Historia del Arte Espasa (2004) p.799</ref> Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da sua propia man.<ref name="El País">{{cita web |url=http://cultura.elpais.com/cultura/2010/12/20/actualidad/1292799604_850215.html |título=O Prado leva Rubens á Rede |dataacceso=22 de xaneiro de 2013 |autor=Sánchez, Camilo |data=20 de decembro de 2010 |editorial=[[El País]]}}</ref>
 
Foi o pintor favorito do rei [[Filipe IV de España]], o seu principal cliente, que lle encargou deceas de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoneda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O ''Rei Planeta'' é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do [[Museo do Prado]], cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real.<ref>{{cita web |url=http://www.museodelprado.es/exposiciones/info/en-el-museo/rubens/la-exposicion/ |título=Rubens |dataacceso=1 de febreiro de 2013 |editorial=[[Museo do Prado]]}}</ref> Tamén teñen unha importante representación da súa arte o [[Museo Real de Belas Artes de Amberes|Museo Real de Belas Artes de Amberes (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen)]], a [[National Gallery de Londres]], a [[Pinacoteca Antiga de Múnich|Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnich]] e o [[Museo de Historia da Arte de Viena|Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena]].<ref name="Vergara"/>
 
Posuía unha ampla formación [[Humanismo|humanista]] e tivo sempre un fondo interese pola [[Antigüidade clásica]]. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender ós antigos", afirmaba.<ref name="El País"></ref> Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como [[diplomático]] entre distintas cortes [[Europa|europeas]].<ref name=Rubens/> Foi ademais ennoblecido tanto por Filipe IV de España como por [[Carlos I de Inglaterra]].<ref name="Vergara"/> O tamén pintor [[Eugène Delacroix]], gran admirador seu, calificouno como o "[[Homero]] da pintura",<ref>{{cita enciclopediaweb |título=Petrus Paulus Rubens |idioma=francés |url=http://www.larousse.fr/encyclopedie/personnage/Rubens/141745 |enciclopedia=Encyclopédie en ligne Larousse |editor=[[Editorial Larousse|Éditions Larousse]] |dataacceso=30 de deceembrodecembro de 2012}}</ref> alcume co que é citado en ocasións.
 
== Contexto histórico ==
[[Ficheiro:PPRubens birthplace.JPG|miniatura|Casa natal de Rubens en [[Siegen]].]]
[[Ficheiro:Antwerpen rubens1 bewerkt.jpg|thumb|Estatua do pintor en [[Antuerpen - Antwerpen|Antuerpen]].]]
No [[século XVI]], [[Antuerpen - Antwerpen|Antuerpen]], a capital de [[Flandres]], era un gran [[Comercio|centro de negocios]] grazas ó seu importante [[porto]], a onde chegaban mercancías de diversos países e no que operaban comerciantes [[República de Xénova|xenoveses]], [[República de Venecia|venecianos]], [[Portugal|portugueses]] e [[España|españois]], entre outros.
 
A pintura en Antuerpen seguiu as novas tendencias do [[Renacemento]] grazas ás achegas chegadas de [[Italia]], que se estenderon por tódolos [[Países Baixos]]. [[Alberto Durero|Durero]], na súa viaxe por estas terras no ano [[1520]], coñeceu ó pintor [[Quentin Metsys]], a [[Joachim Patinir]] e ó gravador [[Lucas van Leyden]]. A [[Escola flamenca|arte flamenca]] deixouse influír polo [[manierismo]] e logo polo [[Naturalismo na arte|naturalismo]], que se fusionaron coa súa propia tradición. Coa chegada de [[Pieter Brueghel o Vello]], a arte flamenco tomou un rumbo máis forte, referencia dende a que Rubens construíu unha expresión pictórica totalmente innovadora, que conduciría á xenialidade do [[barroco]].
 
Os Países Baixos estaban baixo o [[Imperio español|dominio español]], polo matrimonio de [[Filipe I de Castela|Filipe o Fermoso]] con [[Xoana I de Castela]] e máis tarde polos seus herdeiros, [[Carlos I de España|Carlos V]] e, despois da súa [[abdicación]] en [[1555]], por [[Filipe II de España|Filipe II]]. Nin o pobo nin parte da [[aristocracia]] con [[Guillerme de Orange]] á fronte, soportaban a ditadura de Felipe II, feito que levou a que o [[15 de abril]] de [[1566]] presentaran á gobernadora xeral [[Margarida de Austria e Parma|Margarida de Parma]], media irmá de Filipe II, unha petición coñecida como o "[[Compromiso de Breda]] ou "Compromiso dos Nobres", cuxo obxectivo era a supresión da [[Inquisición]] e a restauración de liberdades. Os [[calvinistas]], en particular, destruíron [[igrexa]]s, profanaron imaxes (''[[Beeldenstorm]]'') e incendiaron vilas. Margarida de Parma pediu axuda ó Rei Filipe II de España, que enviou ó III [[duque de Alba]], [[Fernando Álvarez de Toledo e Pimentel]], que tras unhas batallas e represións feroces, fixo volver a paz, e os calvinistas fuxiron a [[Alemaña]].
 
Dez das [[Dezasete Provincias]] dos Países Baixos permaneceron baixo o dominio do Rei de España, ata que en [[1714]], polo [[Tratado de Utrecht]], foron cedidas a [[Austria]]. A causa do enfoque artístico non iconoclasta dos católicos, os seus artistas traballaron e atoparon ós seus [[mecenas]] entre a [[monarquía]] e a [[Nobreza|realeza española]], que influíron nas obras que realizaron especialmente de temas relixiosos e de batallas, así como retratos. A escola flamenca de pintura adquiriu unha forte consolidación: no sur dos Países Baixos, a [[igrexa católica]] potenciou as maiores representacións do seu trunfo como relixión e este trunfo tivo ó seu maior intérprete en Rubens, que foi un arraigado crente católico.<ref>Micheletti, Emma (1966) p.6</ref>
 
== Traxectoria ==