Peter Paul Rubens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
}}
[[Ficheiro:Rubens autograph.png|miniatura|250px|Sinatura de Peter Paul Rubens.]]
'''Peter Paul Rubens''', nado o [[28 de xuño]] de [[1577]] e finado o [[30 de maio]] de [[1640]], foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do [[século XVII]]; as súas obras zumegan un estilo [[barroco]] exuberante que enfatiza o [[movemento]], a [[cor]] e a [[sensualidade]]. As súas principais influencias procedían da [[arte grega|arte da Antiga Grecia]], a Antiga Roma e a [[Renacemento|pintura renacentista]], en especial [[Leonardo da Vinci]], [[Tiziano]] e [[Miguel Anxo]], do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de [[Tema artístico|temas pictóricos]]: [[Relixión|relixiosos]], [[Historia|históricos]], de [[mitoloxía grega|mitoloxía clásica]], escenas de caza, paisaxes, [[retrato]]s, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para [[tapiz|tapices]].<ref>{{cita web |url=http://www.elcultural.es/version_papel/ARTE/8501/Rubens_y_los_tapices_de_la_historia_de_Aquiles |título=Rubens e os tapices da historia de Aquiles |dataacceso=3 de xaneiro de 2013 |data=18 de decembro de 2003 |editorial=[[El Cultural]]}}</ref> Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus.<ref>{{cita web |url=http://www.museodelprado.es/exposiciones/info/en-el-museo/rubens/la-exposicion/rubens/ |título=Rubens |dataacceso= 1 de setembro de 2011 |autor=Vergara, Alejandro |data=[[2010]] |editorial=[[Museo do Prado]]}}</ref> Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea.<ref name=Rubens>Historia Universal del Arte, Volumen XII (1984)</ref> Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, [[Jacob Jordaens]], [[Gaspar de Crayer]], [[Theodor van Thulden]], [[Erasmus Quellinus II|Erasmus Quellinus o Novo]], [[Cornelis de Vos]] e [[Anton van Dyck]], que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en [[Madrid]].<ref>Historia del Arte Espasa (2004) p.799</ref> Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da sua propia man.<ref name="El País">{{cita web |url=http://cultura.elpais.com/cultura/2010/12/20/actualidad/1292799604_850215.html |título=O Prado leva Rubens á Rede |dataacceso=22 de xaneiro de 2013 |autor=Sánchez, Camilo |data=20 de decembro de 2010 |editorial=[[El País]]}}</ref>
 
Foi o pintor favorito do rei [[Filipe IV de España]], o seu principal cliente, que lle encargou deceas de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoneda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O ''Rei Planeta'' é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do [[Museo do Prado]], cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real.<ref>{{cita web |url=http://www.museodelprado.es/exposiciones/info/en-el-museo/rubens/la-exposicion/ |título=Rubens |dataacceso=1 de febreiro de 2013 |editorial=[[Museo do Prado]]}}</ref> Tamén teñen unha importante representación da súa arte o [[Museo Real de Belas Artes de Amberes|Museo Real de Belas Artes de Amberes (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen)]], a [[National Gallery de Londres]], a [[Pinacoteca Antiga de Múnich|Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnich]] e o [[Museo de Historia da Arte de Viena|Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena]].<ref name="Vergara"/>