Gaio (ave): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
Engado un sinónimo
Liña 11:
 
== Descrición ==
Os gaios miden entre 32 e 35 cm de lonxitude e teñen unha envergadura de alas duns 53 cm. O seu peso é aproximadamente de 170 g. A extensión do territorio polo que se espalla a especie provoca diferenzas notábeis de coloración entre as distintas subespecies. As formas típicas teñen a plumaxe castaña rosada, coa parte superior das alas azul clara con bandas negras. A parte inferior do lombo e as plumas inferiores da cola, que é negra, son brancos, moi visibles estas últimas cando voan. A cabeza, que ten plumas eréctiles que poden erguerse formando unha pequena crista, ten un raiado branco e negro. Da base do pico parte unha lista negra a xeito de bigote. Os exemplares novos teñen menos estrías brancas e negras na cabeza cós adultos e o "[[bigote]]" menos marcado.
 
O canto é moi variado, e vai dende berros estridentes, roucos, fortes e breves, a asubíos e mesmo en ocasións parece que mían. O seu berro de alarma, áspero, é moi audible e úsano frecuentemente para avisar da presenza de intrusos, incluíndo o home. Os gaios son capaces de imitar os cantos doutras aves e poden mesmo copiar a mamíferos coma o cabalo. A primavera é a época na que son máis ruidosos e cando emiten as formas máis melódicas do seu canto. En empezando a chocar, a actividade sonora redúcese drasticamente.