Homoioi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q369194
Sen resumo de edición
Liña 3:
Nun principio, segundo [[Plutarco de Queronea|Plutarco]], [[Licurgo]] repartiu as terras entre 9.000 espartiatas. No período clásico a cifra redúcese a 8.000. En plena [[Guerra do Peloponeso]] vemos que diminuíu o número de forma significativa ata chegar apenas aos 2.000. Finalmente trala [[Batalla de Leuctra]] atopámonos cun número moi escaso, ao redor de 1.000. A oligantropía foi debida á alta mortaldade derivada da situación constante de guerra, o sismo do 464, homosexualidade estendida, matrimonios tardíos, [[euxenesia]] e [[endogamia]]. Para rematar é moi importante ter en conta que trala Guerra do Peloponeso enriquécense uns poucos a costa do empobrecemento xeral, que irán perdendo a cidadanía ao ter que vender as súas terras. Inténtase outorgar privilexios aos espartiatas con máis de tres fillos.
 
Os espartiatas convertidos en homoioi posuían un kléros, lote de terras, e uns [[hilota]]s proporcionados polo Estado. Así cada homoios ten tempo libre para se exercitar no ximnasio e ir de caza. Vestían con sobriedade e modestia, sen adorno algún. Era característico o seu peiteado, unha longa cabeleira, signo da súa condición de liberdade. As mulleres e os nenos debían levalo curto. Tamén era costume levar [[barba]] pero rasurarse o [[bigote]]. No [[campo de batalla]] visten capas púrpuras (''stolaí phoinikídes'') que provocaban pavor no inimigo. Un rito antes de empezar a batalla era untarse o corpo en aceite e lustrar as súas armas á vez que peiteaban coidadosamente o seu pelo.
 
Non se gravaban os nomes nas tumbas para destacar a uniformidade social. Pese a esta fachada de pseudocomunismo, as diferenzas existían, simplemente con ver os aristócratas chamados ''kaloikagathoí'' (“os belos e bos”) elixidos para a [[Xerusía]]. Tamén se distinguen aqueles que demostraron a súa valentía no campo de batalla ou a súa excelencia nas competicións atléticas. Outra subclase social dentro dos homoioi é a dos chamados [[hippeis]], garda real, que non ten nada que ver coa súa tradución como cabaleiros.