Hadrián VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q57087
Nafarroa -> Navarra
Liña 21:
=== Pontificado ===
[[Ficheiro:SantaMariaAnima-TombaAdrianoVI01-SteO153.JPG|miniatura|dereita|200px|Tumba de '''Hadrián VI'''.]]
O [[9 de xaneiro]] de 1522 foi elixido Papa, sucedendo a [[León X]]. Nese momento estaba en [[Gasteiz]] exercendo a rexencia de España, preparando [[NafarroaNavarra]] para a defensa fronte á invasión francesa. A noticia chegou á [[Casa do Cordón de Vitoria|Casa do Cordón]], onde se hospedaba, o 22 dese mes. Foi o último Papa non italiano até 1978, en que foi elixido o polaco Karol Wojtyła ([[Xoán Paulo II]]).
 
Nunha solemne declaración, aceptou a elección o 8 de marzo de 1522. Proclamou a súa confianza en [[Xesús de Nazareth|Cristo]], «que lle dará forza, aínda sendo indigno, para defender a cristiandade contra os ataques do mal, e para reducir, ao exemplo do bo pastor, a unidade da Igrexa aos que erran e están enganados»<ref>PASTOR, Papstgesch. IV, 2 p. 35</ref>. Axiña emprendeu a viaxe, acompañado do seu secretario e biógrafo, o Doutor [[Blas Ortiz]], seguindo o curso do [[río Ebro|Ebro]] até [[Tarragona]], onde embarcou cara a Roma. A cerimonia de coroación tivo lugar o [[31 de agosto]].