Capón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito redirección
Liña 1:
Un '''capón''' é un polo castrado antes da madurez sexual, que se cría para o seu engorde e consumo. Son famosos os de [[Vilalba]], moi apreciados como pratos típicos de [[Nadal]]. Tamén se producen noutros países como [[Italia]] (''cappone''), [[Francia - France|Francia]] (''chapon''), [[Portugal]] (''capão'') ou [[Cataluña - Catalunya|Cataluña]] (''capó'').
 
Segundo a lexislación [[Europa|europea]], só se pode vender o capón baixo a etiqueta de "polo castrado cirurxicamente antes de acadar a súa madurez sexual e sacrificado a unha idade mínima de 150 días; unha vez castrados, os capóns deberán pasar por un período mínimo de engorde de 77 días". (Regulamento CEE nº 1538/91).