Alberto García Ferreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
==Traxectoria==
García Ferreiro estudou en Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito. Instalouse na súa cidade natal como avogado, onde foi famoso polas súas capacidades oratorias. Ao mesmo tempo escribiu literatura e fundou as revistas ''[[ALa Pluma]]'', ''[[La Defensa de Galicia]]'' e o xornal ''[[ALa Semana]]''. Colaborou en ''[[O Tío Marcos da Portela]]'' e organizou a [[Asociación Regionalista Gallega]] en [[Ourense]].
 
Escribiu tamén unha obra de teatro, titulada ''Loitar pola Patria'' que foi estreada en Santiago de Compostela en [[1879]]. Segundo os críticos Alberto García Ferreiro é un discípulo de [[Manuel Curros Enríquez]], e ao igual que o seu mestre, foi progresista, liberal e anticlerical. Non dominaba ben o Galego, mesturandoo co Castelán e usando [[hiperenxebrismo]]s. A súa mellor obra é ''Lenda de groria'' un poema épico sobre o ataque da flota Inglesa de [[Francis Drake]], que foi premiada en [[1890]] na Coruña polo ''Liceo Brigantino''.