Ramón Martínez López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 1:
'''Ramón Martínez López''', nado en [[Boiro]] o [[4 de abril]] de [[1907]] e falecido en [[Pontevedra]] o [[12 de setembro]] de [[1989]], foi un filólogo e político [[Galicia|galego]].
 
==BiografíaTraxectoria==
Como estudante, participou na creación en [[1923]] do [[Seminario de Estudos Galegos]]. Licenciado en Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1927]] e en Filosofía e Letras pola mesma universidade en [[1929]], comezou a traballar como profesor de secundaria de [[lingua latina|latín]] e [[lingua española|lingua]] e [[literatura española]] en [[IbizaEivisa]], [[Vigo]] e [[Lugo]]. En [[1931]] estivo entre os fundadores do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Gañou en [[1933]] unha praza de profesor no Instituto español de Lisboa e, posteriormente, conseguiu a praza de profesor de [[literatura comparada]] na [[Universidade de Lisboa]]. En [[1934]] recibiu unha bolsa de investigación do goberno francés, e mudouse a [[París]] e en [[1935]] encargouse da organización do Salón do Libro Español.
 
En [[1936]] doutorouse en Filosofía e Letras pola [[Universidade Complutense de Madrid]] e accedeu aos postos de attaché cultural nas embaixadas españolas de [[Portugal]] e [[Francia]] durante a [[Guerra Civil española]], como parte leal ao goberno democrático da [[Segunda República Española|Segunda República]]. Tamén estivo dando clase durante tres meses na [[Universidade de Alxer]] e logo loitou na fronte, pero coa derrota republicana marchou ao exilio en Francia, onde estivo nun campo de refuxiados, e logo a [[Arxentina]].
Liña 38:
[[Categoría:Nados en Boiro]]
[[Categoría:Nados en 1907]]
[[Categoría:Finados en 1989]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]