Caneleira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Taxobox |name = Caneleira |image = Cinnamomum verum1.jpg |image_caption = follaxe e flores da caneleira (''C. verum'') |regnum = Plantae | divisio = flowering plant|Magnol..."
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 64:
Require un clima quente e húmido, cunha temperatura media anual entre 24 e 30 ºC e unha precipitación entre 2.000 e 4.000 [[mm]] anuais ben distribuídos durante todo o ano, condicións que se atopan en altitudes entre 0 e 600 [[msnm]]. As mellores plantacións medran en terreos chuviosos, de textura areenta e lamacenta, fondos, con alto contido en materia orgánica e excelente drenaxe. Un chan moi lamacento limitaría o crecemento da planta e esta produciría unha [[casca]] de baixa calidade.
== Descrición ==
Trátase dunha [[árbore]] duns 10 metros de altura mais que cultivada adoita ser máis miúda, tomando forma de [[arbusto]] sempre verde. A [[casca]], a parte produtivamente máis importante, é marrón cinsenta e ten un ciclo perenne. O seu [[talo]] é de consistencia lígnea. As [[folla]]s son duns 7-25 × 3-8 cm, teñen forma ovalada e rematadas en punta, de cor verde e brillantes pola [[Face (anverso)|face]] con cinco nervios avermellados, un medial e dous por cada banda arqueados que converxen na base e o [[ápice]], e outro conxunto de nervios que forman un ángulo recto con este; o [[pecíolo]] é duns 10 - 20 mm, robusto, cunha sinuosa forma cóncava. As súas [[flor]]es son [[hermafrodita]]s (contén o [[androceo]] e [[Xineceo (botánica)|xineceo]] na mesma flor), de cor branca ou amarela verdoso e recubertas de pelos, bracteadas e [[actinomorfa]]s. O [[perianto]] é indiferenciado, formado por seis [[tépalo]]s libres. O xineceo é bi-carpelar e o seu androceo está formado por 9 + 3 [[estame]]s distribuídos en 3 ou 4 [[verticilo]]s, que cando se produce a dehiscencia das [[antera]]s o fai polo vento. As flores, duns 0,5 cm, agrúpanse en [[panícula]]s que nacen na axila da folla ou tamén na parte terminal e chegan a ter unha lonxitude semellante á das follas. O [[froito]] é unha [[baga]] longa elipsoidal duns 12,5 cm de cor moi escura, azulada-negra, cunha única [[semente]] no seu interior. Reprodúcese das sementes que contén a baga e tamén por [[multiplicación vexetativa]].
 
== Taxonomía ==
''Cinnamodendron verum'' foi descrita por [[Jan Svatopluk Presl]] e publicado en ''[[O Prirozenosti rostlin, aneb rostlinar]]'' 2(2): 36, 37–44. 1825.<ref name = Trop>{{cita web |url=http://www.tropicos.org/Name/17800682 |título= ''{{PAGENAME}}''|dataacceso=25 de maio de 2013 |formato= |obra= Tropicos.org. [[Missouri Botanical Garden]]}}</ref>