Falla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 50 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q47089
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 37:
* '''Falla inversa''': xéranse por compresión horizontal (Fig. A). O movemento é preferentemente horizontal e o plano de falla ten tipicamente un ángulo de 30 graos respecto da horizontal. O bloque de teito atópase sobre o bloque de piso. Cando as fallas inversas presentan un manteo inferior a 45º, estas pasan a tomar o nome de encabalgamento.
 
* '''Falla normal''': xéranse por [[Tensión mecánica|tensión]] horizontal (Fig. B). O movemento é predominantemente vertical respecto ao plano de falla, o cal tipicamente ten un ángulo de 60 graos respecto da horizontal. O bloque que se desliza cara abaixo denomínase bloque de teito, mentres que o que se levanta chámase bloque de piso. Outro xeito de identificar estas fallas é a seguinte. Se se considera fixo ao bloque de piso (aquel que se atopa por baixo do plano de falla) dá a impresión de que o bloque de teito cae con respecto a este. Conxuntos de fallas normais poden dar lugar á formación de ''[[Horst|horsts]]'' e ''[[Graben|grabens]]''.
 
* '''Falla de desgarre ou transversal''': son verticais e o movemento dos bloques é horizontal (Fig. C). Estas fallas son típicas de límites transformantes de placas tectónicas. Distínguense dous tipos de fallas de desgarre: dereitas e esquerdas. Dereitas, ou destras, son aquelas onde o movemento relativo dos bloques é cara á dereita, mentres que nas esquerdas, ou sinistras, é o oposto. Tamén se coñecen como fallas transversais.